Pélets e eleccións autonómicas
Por se non houbese conflitos e problemas abondo na Galiza, aos que temos que sumar aqueles que hai no resto do mundo (dos que moitos inciden no noso país en maior ou menor medida) máis unha vez un desastre ecolóxico atinxe ás praias galegas, neste caso pola caída ao mar de varios contedores dun barco a que pasaba a uns 80 quilómetros ao oeste de Viana do Castelo, no irmau Portugal. Segundo a información coa que se conta cando menos un deses contedores abriuse, espallando pola costa galega as 1.050 sacas de 25 quilos, que racharon ciscando as boliñas de plástico (“pélets”) de menos de 5 milímetros. O barco de nome Toconao e bandeira liberiana pertence á navieira danesa Maersk, unha das máis grandes do mundo.
Dado o tamaño das boliñas a súa mistura nas praias coa area resulta evidente a complexidade que implica recollelas pra eliminar este obxecto estraño que contamina plantas e animais. Esta foi unha tarefa que se........
© La Región
visit website