O “provincialismo” galego na rebelión de 1846
O 2 de abril de 1846 rebelouse en Lugo, contra o governo do conservador Ramón Narváez, o Segundo Batallón do Rexemento de Zamora, que estaba de paso pra Valladolid, e que se quería afastar da Coruña onde se temía unha revolta liberal. Axiña sumaríase ao levantamento Compostela, e días despois Pontevedra, Vigo e Tui, así como numerosas vilas. Mentres a Coruña, contra o esperado, convertíanse no centro do apoio ao Governo. Reinaba Isabel II. A insurrección non prendeu no Estado español, e adquiriu características marcadamente galegas.
O 15 de abril constituíuse en Compostela a Xunta Suprema do Governo de Galiza, que nomeou como presidente a Pío Rodríguez Terrazo e secretario a Antolín Faraldo. A Xunta editou tres números do seu voceiro “Revolución”, no primeiro número afirmábase: “galegos, contando co voso apoio lograrase que a nosa provincia (que definía como unha colonia da Corte) sexa temida e respectada”. Entre........
© La Región
visit website