As eleccións e o fortalecemento do BNG
As enquisas sobre os resultados das eleccións galegas espertaron moita incerteza, aínda que consideraban a derrota do PP como un obxectivo difícil, ao que se engadía un ascenso do BNG. Sobre esta expectativa as forzas da oposición, como é lóxico, construirón a folla de ruta e seu discurso na campaña, mesmo aquelas con menos posibilidades. Esta hipótese causou preocupación no PP, máxime tendo en conta as mobilizacións pola desfeita dos pélets e contra as carencias do sistema sanitario, e os múltiples conflitos laborais. Daquela que a dereita mobilizou á toda a súa base militante. O argumento: evitar unha presidenta do BNG, en coalición co PSOE, e con maioría nacionalista na Xunta. A mensaxe alarmista, pra evitar que se fundise o barco, mobilizou á base social da dereita, así como ao poder económico e a aqueles que dan sustento ao sistema. Daquela que medrando o número de votantes só perdese o PP dous deputados/as, mantendo a maioría........
© La Región
visit website