Arxentina, Milei perde folgos
O presidente da Arxentina ten a potestade de vetar as leis aprobadas no Parlamento. Este foi o caso do aumento das pensións, e do orzamento universitario que recuperaba unha boa parte dos ingresos perdidos pola inflación pra evitar o deterioro do ensino. Porén Milei marcouse o obxectivo de que estes sectores paguen o axuste, pra o que lle abondaba con ter 1/3 dos votos no Congreso a prol do veto. O pasado día 9 de outubro realizouse a votación, con centos de milleiros de estudantes nas rúas adxacentes ao Congreso esixindo que se rexeitase o veto presidencial. A reafirmación a prol da Lei contou con 160 votos, 84 en contra, 5 abstencións e 8 ausentes. Ou sexa máis votos por manter a lei porén gañou o veto presidencial.
Este dobre “triunfo” de Milei, tanto no referente ás pensións como ás universidades, como contrapartida ten repercusións restando apoio da sociedade ao Governo, e tamén incrementando a mobilización dos sectores atinxidos, especialmente do estudantado. E este non é un aspecto menor, xa que xunto........
© La Región
visit website