A lei do máis forte
Durante as últimas semanas houbo masivas protestas de labregos/as en Alemaña, por exemplo: cinco mil de tractores e unhas trinta mil persoas en Berlín o pasado día 15. Unha dinámica que vai a máis, e unha coalición de governo que foi perdendo apoio social. Nas intencións de voto o PSD só atinxe o 15%, os verdes 14%, mentres que o CDU chega ao 31,5% e Alternativa por Alemaña (a ultradereita) ao 21,5%, A Esquerda (Die Linke) o 3,5%... En poucas palabras, a socialdemocracia neoliberal e as forzas ques e sumaron á coalición, verdes e liberais, están nun retroceso político constante, tanto polo proceso de desindustrialización, por mor do aumento do custe da enerxía pola ruptura con Rusia, como pola intervención na guerra na Ucraína.
Neste contexto hai que valorar as protestas que cuestionan as políticas agrícolas tanto deste país como da Unión Europea. O detonante neste caso foi a supresión das subvencións ao diésel, que implican unha........
© La Región
visit website