Cando remata o ano ou cando comenza, ademais das felicitacións de costume, como se fose un rito, faise un balance do acontecido no período que queda atrás e márcanse obxectivos para o tempo que comeza.

Seguindo ise principio, nas familias sempre se fai un reconto dos máis salientabel que aconteceu e tamén se marcan metas para os 365 días que empezan. Nos medios de comunicación, a modo de resume, cóntanos en reportaxes o acontecido no mundo e refréscanos a memoria, pois témola moi saturada por tantas novas que se produciron nese tempo. Nas asociacións de todo tipo tamén se fan as asembleas con semellante orde do día.

Mais este ano, como nesta terra están convocadas eleccións, percibo que ó do balance, alomenos por parte de quen goberna, non vai ser realidade e no seu canto volverán saír á palestra as promesas electorais. Claro que prometer é unha maneira de atraernos e camelarnos para que votemos a tal ou cal formación política. Pois ise é un dos obxectivos das campañas. Mais con tantos anos de democracia ás costas penso que antes de prometer o ouro e o mouro, sería bo falar do que se fixo gobernando para comparalo co que se prometeu no seu día. Porque na maioría dos casos poderíamos comprobar que as promesas foron contos, mentiras piadosas que nos largan e repiten como mantras os que están no poder pra engaiolarnos e seguir no machiño.

Pois ben, como pechamos o ano, cumpriría que no Concello nos contaran as cousas positivas se fixeron neste 2023. Cales foron as inversións que Jácome e o seus acadaron para este concello. Cales foron as melloras nos servizos, se as houbo, pois non as vexo por ningures. Como se pensan resolver os graves problemas que ten Ourense e unha chea de asuntos que están sen arranxar e foron promesas moi publicitadas. Ademais do dito, tamén compre saber canto se gasta en festas e outras entelequias para divertir ó persoal. Igualmente como andan as contas do Concello e un longo etc. No referido á Xunta acontece algo semellante. Compre saber que se fixo para mellorar a vida dos galegos. E todo iso sen cargarlle o morto ou a culpa a outras administracións do Estado.

Prometer é a base de todas as campañas electorais. Aínda que do prometido, pasado un tempo, nada se saiba. Por máis voltas que lle dou o asunto, como moitos ourensáns e galegos, percibo que moitas decisións e acordos políticos que toman os nosos gobernantes, por seren ilegais e malas para o conxunto dos cidadáns, acaban cargando ó concello de débedas que logo pagamos todos. E os responsables desas decisións desaparecen, ou no se presentan ás eleccións e deixanlle o morto, ou sexa a carga económica, á institución, e o desaguisado sáenos moi caro.

Prometer resulta barato. Prometer para engaiolar xa é unha táctica que case todos estudan con moito coidado. Nunha democracia madura e responsabel, render contas por non facer o prometido debía ser unha obriga. En Ourense, son moitas as promesas que dende o poder e nos diversos medios escritos se lanzaron a bombo e platillo e que todas foron un conto, que arrepía ver como nos tomaron o pelo. Citarei unha de anos atrás: lémbranse os ourensáns do proxecto da cidade deportiva na Benposta? Lembran a ristra de promesas de Jácome fixo? Supoño que si. Pois mirade canto se gastou e maquetas virtuais e publicacións. E que hai a día de hoxe?: nada de nada. En fin, como estamos no tempo dos balances e como percibo que por parte de quen nos goberna en Santiago e en Ourense non se farán, coidado que chega o tempo das promesas para engaiolarnos. Feliz 2024.

QOSHE - Volve o tempo das promesas - Manuel Herminio Iglesias
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Volve o tempo das promesas

5 1
03.01.2024

Cando remata o ano ou cando comenza, ademais das felicitacións de costume, como se fose un rito, faise un balance do acontecido no período que queda atrás e márcanse obxectivos para o tempo que comeza.

Seguindo ise principio, nas familias sempre se fai un reconto dos máis salientabel que aconteceu e tamén se marcan metas para os 365 días que empezan. Nos medios de comunicación, a modo de resume, cóntanos en reportaxes o acontecido no mundo e refréscanos a memoria, pois témola moi saturada por tantas novas que se produciron nese tempo. Nas asociacións de todo tipo tamén se fan as asembleas con semellante orde do día.

Mais este ano, como nesta terra están convocadas eleccións, percibo que ó do balance, alomenos por parte de quen goberna, non vai ser realidade e no seu canto volverán saír á palestra as promesas electorais. Claro que prometer é unha maneira de........

© La Región


Get it on Google Play