Son consciente de que todos os plans de recuperación de certos núcleos históricos teñen unha chea de limitacións e esixencias para os propietarios das vivendas afectadas. Tales condicións encarecen e condicionan, e moito, os proxectos de restauración. Cando se aceptaron esas regras de xogo para esa comunidade, para aminorar eses custos comprometéronse por parte dos entes públicos certas compensacións e axudas económicas. Pois ben, se conservar o patrimonio e as formas de construción son importantes para o conxunto da sociedade, pois frean a especulación urbanística, o chamado feísmo e manteñen estruturas de vivendas e modelos que se asentaron no tempo por seren racionais co medio, as administracións públicas que puxeron esas normas teñen a obriga de cumprir cos compromisos acadados cando se aprobaron ditos plans. A día de hoxe hai cantidade de cascos antigos que están acollidos a esta norma, maiormente nas cidades e en moitos núcleos do rural. Tamén sei que esa maneira de conservar a arquitectura chegou moi tarde. Cumpriría visitar o país veciño (Portugal) para decatarnos do que nos levan de adianto nese eido. O problema do asunto acontece cando o goberno municipal muda e chegan alcaldes que son insensibles coa conservación do patrimonio. Xente que ignora, non sei se a posta ou porque non lle interesa, os compromisos que no seu día as administracións, entre elas o Concello, colleron coa veciñanza para que se sigan respectando as normas dese PERI.

Esto é o que hai un tempo ven pasando en Seixalbo. O Concello non tramita as axudas que financian a Xunta, o Estado e outros organismos públicos. Neste caso, as do 2023 están a piques de perderse pois levan meses esperando pola sinatura do alcalde desta cidade. Se antes de que remate o ano non se piden, perderanse. As esixencias nos proxectos de restauración seguen vixentes, co que o encarecemento deses proxectos é evidente, e iso castiga ás economías dos propietarios que andan a restaurar as súas vivendas.

A Asociación veciñal ten reclamado insistentemente, mediante escritos, que se cumpra e se activen as subvencións para os distintos proxectos. O ente veciñal ten reclamado que Seixalbo figure nas visitas e folletos que promocionan o Concello. Mais, ate o momento, semella que todo o sinalado cae no esquecemento intencionado.

O PERI de Seixalbo, nos anos que leva en vigor, deu un resultado positivo no referido a facer máis atractivo o núcleo desta antiga Vila e Couto. Sería moi positivo que o actual equipo de goberno abrira o ollos e deixara de perder subvencións, como foi o caso da Praza de Abastos da Alameda e mirara máis para o único núcleo do rural que ten catalogado con tal carga. O Concello non só é facer festas, anunciar que “Ourense mete medo”, andar pola rúa cun autobús e músicos tocando para divertir á xente e outras trangalladas que a diario saen á luz. Ourense no só é o centro da cidade, nin o Parque de San Lázaro e as rúas que o circundan. Ourense é algo máis amplo que esas rúas enlousadas e pulidas. E por se acaso non o saben os que mandan a día de hoxe, Ourense son os barrios esquecidos da man de Deus; Ourense ten un rural moi amplo, un rural no que viven máis de 12.000 veciños, un rural que xeográficamente chega a Santa Cruz e o río Barbantiño, e que máis ó norte linda con Amoeiro e polo sur remata no Cumial. En fin, que vista a situación, en Seixalbo, estamos a piques de perder as axudas para o PERI. Cartos públicos para a restauración de vivendas e espazos públicos. E todo por desazo de quen manda hoxe no noso Concello.

QOSHE - Seixalbo: un peri sen subvencións - Manuel Herminio Iglesias
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Seixalbo: un peri sen subvencións

5 0
20.12.2023

Son consciente de que todos os plans de recuperación de certos núcleos históricos teñen unha chea de limitacións e esixencias para os propietarios das vivendas afectadas. Tales condicións encarecen e condicionan, e moito, os proxectos de restauración. Cando se aceptaron esas regras de xogo para esa comunidade, para aminorar eses custos comprometéronse por parte dos entes públicos certas compensacións e axudas económicas. Pois ben, se conservar o patrimonio e as formas de construción son importantes para o conxunto da sociedade, pois frean a especulación urbanística, o chamado feísmo e manteñen estruturas de vivendas e modelos que se asentaron no tempo por seren racionais co medio, as administracións públicas que puxeron esas normas teñen a obriga de cumprir cos compromisos acadados cando se aprobaron ditos plans. A día de hoxe hai cantidade de cascos antigos que están........

© La Región


Get it on Google Play