O río Barbaña e a súa descontaminación, así como a recuperación das súas beiras, cunha inversión económica moi importante que anda polos 30 millóns de euros volve quedar á espera sen data concreta de execución.

Este río que cruza a cidade, ate mediados dos anos sesenta era unha canle chea de vida. Nela, á falta de piscinas, bañábanse os veciños de Seixalbo, San Cibrao das Viñas, Mariñamansa e o Polvorín. Quen isto escribe lembra os días na chamada Presa Grande ou do Muíño en Seixalbo e as secas que facían no verán os veciños para coller os peixes e as troitas que no río había. Foi na década dos sesenta cando comezaron os vertidos, e a fauna que nel había (troitas, peixes, anguías e tartarugas), comenzaron a desaparecer pois baixaban mortas polas súas augas, que cheiraban moi mal. Corría o ano 1987 e a asociación de veciños San Breixo fixo un vídeo que comenzaba en Noalla, á beira dunha ponte, onde saía a boca dos dous colectores do Polígono que vertían directamente ó río. O progreso e as súas causas, nuns anos onde o medio natural non se valoraba como hoxe, foron os responsables da desfeita desta canle natural, pois os empresarios desaugaban á rede xeral que tiña o Polígono, e directamente non eran os culpables. Tamén sei que naqueles anos, como o río cheiraba tan mal, pola cidade cobraba forza a proposta de tapar o río cunha planchada de formigón e convertelo nunha vía de tránsito de vehículos. Lembro que no ano de 1988 o PSG (Partido Socialista Galego), presentou unha proposta no Concello de Ourense que foi contestada e aceptada como algo positivo pois plantexaba a creación dos viais paralelos que anos despois Xosé Cuiña, conselleiro con Fraga, mandou facer e que hoxe hai ata máis arriba de Mariñamansa. Como o Polígono mentado era propiedade de Caixa Ourense e a infraestrutura de saneamento ía parar o río sen ningunha depuración, prevendo as responsabilidades económicas que poideran vir polas denuncias veciñais, a desaparecida Caixa pasou a propiedade do Polígono a chamada Asociación de Empresarios. E uns anos máis adiante, como as denuncias da asociación na prensa seguían, sendo alcaldesa de San Cibrán Elisa Nogueira, a directiva da Asociación de Seixalbo asistiu ó pleno dese Concello, onde, despois de moitos atrancos, puido intervir denunciando a situación desa canle natural. E no calor do debate, a alcaldesa soltou un papel no que a Consellería de Ordenación do Territorio (COTOP) asumía que faría unha planta depuradora para sanear o río. Tempo despois, visitada a planta depuradora, os técnicos comentaron que o que se facía era unha primeira depuración que pasaba pola eliminación de sólidos e lodos, polo que o saneamento das augas non era total, faltaba unha segunda depuración.

Moito choveu dende que se fixo esta depuradora, mais con moita frecuencia, polo Barbaña seguen a baixar as escumas das augas que se verten no río a maior parte das veces da liberación dos líquidos da depuradora. A día de hoxe, aínda que a faciana deste río mellorou algo, esta canle sigue a ser unha cloaca, sobor de todo dende o Polvorín ate Noalla. Pois nel non hai vida natural. Tampouco se cumpre a Lei de Aguas, os muros dalgunhas parcelas impídeno. Ourense ten unha tarefa pendente na conservación dos seus ríos e sobor de todo do Barbaña, pois é este o río máis maltratado e esnaquizado que temos. E todo pola falla de sensibilidade cara o medio natural. Os tempos mudaron e a sensibilidade cara a natureza, no senso máis amplo, axuda a que se corrixa o que antes se maltratou. Agora din que esta recuperación será efectiva para a primavera de 2024. Sería moi bo que tanto o Concello como outros entes públicos e cidadáns puxen para que se cumpran os prazos e este río volva ser, canto antes, unha canle viva.

QOSHE - O Barbaña: un río esnaquizado - Manuel Herminio Iglesias
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

O Barbaña: un río esnaquizado

3 0
15.11.2023

O río Barbaña e a súa descontaminación, así como a recuperación das súas beiras, cunha inversión económica moi importante que anda polos 30 millóns de euros volve quedar á espera sen data concreta de execución.

Este río que cruza a cidade, ate mediados dos anos sesenta era unha canle chea de vida. Nela, á falta de piscinas, bañábanse os veciños de Seixalbo, San Cibrao das Viñas, Mariñamansa e o Polvorín. Quen isto escribe lembra os días na chamada Presa Grande ou do Muíño en Seixalbo e as secas que facían no verán os veciños para coller os peixes e as troitas que no río había. Foi na década dos sesenta cando comezaron os vertidos, e a fauna que nel había (troitas, peixes, anguías e tartarugas), comenzaron a desaparecer pois baixaban mortas polas súas augas, que cheiraban moi mal. Corría o ano 1987 e a asociación de veciños San Breixo fixo un vídeo que comenzaba en Noalla, á beira dunha ponte, onde saía a........

© La Región


Get it on Google Play