Son consciente de que a creación artística sempre ten unha forte infuencia coa forma de vida que hai na sociedade onde nace. E polo tanto sempre está influenciada pola maneira de ver e de vivir de cada momento histórico e das ferramentas técnicas que existen nese tempo..

A día de hoxe, alomenos en occidente, vivimos nunha sociedade moi tecnificada, mercantilizada e totalmente acritica no referido ó consumo, e en certa medida, ó que se entende como arte no eido musical camiña entre a mezcolanza de sons e berridos que moitas veces resultan permiciosos e molestos. A banalización do contido de moitas letras e incluso da música chama moito a atención. Ise é o primeiro paso que leva á deturpación do significado orixinal de palabras como cultura e arte.

A definición de cultura é moi ampla, mais ten como meta saber e coñecer máis; apreciar aquelo que consideramos arte, e dentro del o que percibimos como beleza. Cultura tamén significa acadar dentro das humanidades mais coñecementos pra que axuden a que teñamos máis sensibilidade e, deste xeito, apreciemos e valoremos máis as creacións humanas. Mais nos tempos que corren ámbalas dúas verbas loitan nun mar de olas que, con tanto barullo, chaman á atención do que nalgún momento moitos entendíamos como cultura musical. Pois a cultura está marcaba unhas liñas a seguir que, a día de hoxe, mentres non pase ó andazo e as augas volvan a súa canle, camiñan revoltas sobor de todo no campo da música. E neste camiñar, cando se xeraliza e se admite que o divertimento, troula e festa son cultura estamos axudando á confusión neste asunto.

Sei que moitos pensarán que, no tempo que vivimos, non pode unha elite ou unhas persoas definir o que é cultura, arte ou boa música. Pois se así fora aconteceria algo semellante ó que noutro momento histórico foi o despotismo ilustrado.

Con todo, cando o criterio económico e as masas definen o que é cultura, música ou calquera das artes, e os poderes públicos, por mor de acadar votos, lle siguen a corrente ós que iso prefiren, o nivel baixa e todo se deprecia. Tamén sei que, a día de hoxe, todas as manifestacións culturais se non chegan á xente e non transmiten algun valor non valen ren.

O certo é que neste século 21, moitas veces, o arte está cheo de ocurrencias máis que de calidade. Tamén sei que esta nosa sociedade tan tecnificada en moitos eidos, sobor de todo na música, aporta grandes beneficios económicos para os organizadores de eventos masivos, e que ise é un dos parámetros polos que se mide o que algúns lle chaman cultura.

En fin, por moito que a promoción de cantigas con textos moi malos e de pezas ruidosas e machaconas se faga; por moito que nos metan polos oidos esa música repetitiva, serialista que abouxa e que hoxe tantas veces escoitamos cando imos mercar nos centros e comecios, pasado un tempo, todas esas pezas irán ó esquecemento. E virán outras, non sei se mellores o máis ruíns. Mais o sabor e o bo facer da música en directo que dura xeneracións, da música de calidade; da música con contido e mensaxe anda moi escaso a día de hoxe. Como tamén anda escaso que as programacións culturais de moitos entes públicos superen o divertimento e a esmorga, e vaian máis na procura da cultura. O papanatismo e a ausencia dunha mensaxe que aporte valores hoxe campa na nosa sociedade. Moitos cidadáns con criterio aturamos o barullo e ruído de certa música que semella perseguirnos; e pensamos que o Arte de combinar os sons e o tempo sempre trae boa música. Feliz Nadal.

QOSHE - O arte de combinar sons e tempo - Manuel Herminio Iglesias
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

O arte de combinar sons e tempo

4 9
13.12.2023

Son consciente de que a creación artística sempre ten unha forte infuencia coa forma de vida que hai na sociedade onde nace. E polo tanto sempre está influenciada pola maneira de ver e de vivir de cada momento histórico e das ferramentas técnicas que existen nese tempo..

A día de hoxe, alomenos en occidente, vivimos nunha sociedade moi tecnificada, mercantilizada e totalmente acritica no referido ó consumo, e en certa medida, ó que se entende como arte no eido musical camiña entre a mezcolanza de sons e berridos que moitas veces resultan permiciosos e molestos. A banalización do contido de moitas letras e incluso da música chama moito a atención. Ise é o primeiro paso que leva á deturpación do significado orixinal de palabras como cultura e arte.

A definición de cultura é moi ampla, mais ten como meta saber e coñecer máis; apreciar aquelo que consideramos........

© La Región


Get it on Google Play