Vivimos nun tempo onde, borrachos de tanta tecnoloxía e saturados de información e trolas, os populismos, manexándose con moita destreza, fan estragos e convencen a moitos cidadáns para tentar poñer no poder a charlatáns e narcisos que ofertan solucións drásticas a todos os problemas do mundo actual. Os que vivimos os tempos da ditadura non maxinábamos que isto puidera acontecer en democracia. Para nós, o novo réxime de liberdades traería moita máis cultura e todo iría a mellor.

Mais pasados os anos, vemos que en países onde semellaba estar consolidada a democracia chegan ó poder persoas que cunha motoserra arrasan nas urnas, ou chegan demagogos como Trump que gañan o voto da xente. Comezamos a pensar que nas institucións que temos máis preto tamén pode acontecer algo semellante. A reflexión pasou ser desprazada pola insatisfacción permanente e o cabreo que iso aporta. A iso síguelle a protesta radical, que é a maneira máis corrente de exteriorizar o conflito. Hoxe, todo exprésase fomentando a esaxeración e a irracionalidade. E todo sen sopesar o que temos e, sobor de todo, sen valorar a sociedade actual coas súas virtudes e os seus defectos, que son moitos.

A día de hoxe, as novas xeracións descoñecen como vivían os seus avós e pais. E con esa lagoa que padecen, pensan que todo o que existe e que temos na vida diaria veu caído do ceo sen maior esforzo, por eso non hai que coidalo. E como o presente susténtase no consumismo máis radical, queremos ter todo sen esforzo. E cando non podemos acadar todo aquelo que nos apetece, cremos en apóstolos baratos que nos din o que nos gusta escoitar. O populismo manexa moi ben a linguaxe do engano; empregando mentiras e medias verdades busca chegar ó poder embaucando a milleiros de persoas. Xa aconteceu noutros momentos históricos e a sociedade pagouno moi caro.

Entendo que no país onde se presume de democracia, como é o caso dos EEUU, ninguén pensaría que un charlatán como Trump volvería estar na carreira da presidencia. E non debería estar despois de promover o asalto ó Congreso do seu país. Algo semellante pasa na Arxentina, onde chegou ó poder Milei. Hai moitos máis exemplos. Claro que moito máis preto de nós temos á quen, salvando as distancias, se autodenominou como “a esperanza branca”. E a pregunta é a seguinte: mellorou a vida dos cidadáns? Pois non. Todo no Concello vai de mal en peor. Vai de chapuza en chapuza. Vai de despilfarro en despilfarro. Mais todos os entes sociais, calados.

O mundo actual globalizado polas comunicacións vive nunha tensión permanente onde os populismos impoñen a súa forza irracional. Onde as guerras e invasións non rematan. Onde se extermina a unha poboación mentres as potencias miran para outro lado e calan. Os populismos teñen moita capacidade de convicción, e as persoas acríticas danlle o seu apoio cos ollos pechados. A irracionalidade superou en moitas partes do mundo as barreiras do sentido común e dos dereitos humanos. A día de hoxe, sustentados pola manipulación informativa, seguen no poder moitos ditadores. En Rusia, Putin revalidará o poder converténdose nun zar que controla todo baixo a careta democrática. En América Trump recibe o aval de líderes como Abascal. Mentres, na vella Europa comenzamos a verlle as orellas ó lobo.

En fin, os populismos neofascistas acaparan espazos de poder na vella Europa e no resto mundo. E acádano a base a propostas populistas moi enganosas. Reflexionemos pra non caer nas súas redes, que logo viran os laios e xa será moi tarde.

QOSHE - Medran os populismos - Manuel Herminio Iglesias
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Medran os populismos

4 0
28.02.2024

Vivimos nun tempo onde, borrachos de tanta tecnoloxía e saturados de información e trolas, os populismos, manexándose con moita destreza, fan estragos e convencen a moitos cidadáns para tentar poñer no poder a charlatáns e narcisos que ofertan solucións drásticas a todos os problemas do mundo actual. Os que vivimos os tempos da ditadura non maxinábamos que isto puidera acontecer en democracia. Para nós, o novo réxime de liberdades traería moita máis cultura e todo iría a mellor.

Mais pasados os anos, vemos que en países onde semellaba estar consolidada a democracia chegan ó poder persoas que cunha motoserra arrasan nas urnas, ou chegan demagogos como Trump que gañan o voto da xente. Comezamos a pensar que nas institucións que temos máis preto tamén pode acontecer algo semellante. A reflexión pasou ser desprazada pola insatisfacción permanente e o cabreo que iso........

© La Región


Get it on Google Play