Gobernar cunha maioría absoluta homoxénea deulle a Feijoo unha áurea de gañador. Ise era o seu currículo: acadar tres maiorías absolutas. E nese espello, os líderes da capital do reino do PP viron unha táboa de salvación. Apartaron a Casado e recibiron a Feijoo cos brazos abertos. E claro, levárono para Madrid pensando que no resto da península volvería repetir o que acontecera no noroeste que olla o Atlántico. Mais ó ignorar que en todo o Estado as cousas camiñan doutra maneira, pasou o que pasou. E Feijoo, aquel moderado que agochaba a súa faciana de conservador duro; que presumía de bo xestor, indo contra o sanchismo, pinchou. As maiorías absolutas non se dan con moita frecuencia nesta península, na que temos distintas sensibilidades ideolóxicas e formas de ver a política territorial do Estado. Esa visión errada, e tamén que no seu partido hai moitos galos e galiñas que lle sinalaron o camiño, levou ó señor dos Peares a ter o primeiro fracaso serio. E a partires dese momento as cousas trocaron e moito. Abrazar, por ter máis poder, ó franquismo máis recalcitrante pasoulle factura a Alberto. No seu partido hai moito admirador daquela funesta época que hoxe ve con vos ollos o abrazo co “peito de lobo” que anda a incendiar a rúa Ferraz. E faino sen saber que España non é soamente a capital do reino. Craso erro de Alberto non amosar a súa personalidade e frear ós nostálxicos que sempre falan e pontifican vitorias que logo non chegan.

A dereita sábelle moi mal estar sin exercer o poder. Non soporta estar na oposición e axita moitos resortes, incluso ós que son corporativos, como é parte da xudicatura. Pensa que o mando lle pertence dende o principio dos tempos. E agora, poñendo por diante o tema da amnistía, di que España racha en añicos. E estes patriotas de pulseira e bandeira furada pensan que os temas dos que discrepan no territorial se arranxan a golpe de sancións, e fora do marco da palabra e da política. Mentres, moitos cidadáns pensan que ise asunto solvéntase gañándolle ós arredistas nas urnas. Ademais, tanta manía coa amnistía como se nunha houbera unha, e moi grande. Hai que lembrar que Adolfo Suárez aprobou unha no tempo da Transición, e nela deixou libre de cargos a moitos que terían que render contas polo seu pasado de torturadores e outros feitos moito máis graves.

A palabra en democracia, e o voto libre e segredo, son as mellores armas para que se impoña a razón e a convivencia. A protesta pacífica sempre debe existir. Mais resulta grave que rapaces moi novos aproveiten esta para berrar que eles son nazis e lanzar moitos berros e insultos moi personalizados. Eu pregunto: saberán eses rapaces o que foi o nazismo e as atrocidades que cometeu? Saberán como se vivía na posguerra e en toda a longa noite de pedra? Seguro que non. E se oíron algo sempre foi unha visión de parte, interesada. A sociedade actual camiña cara unha polarización que non augura nada positivo. E nesa situación, os líderes políticos teñen que ser moi prudentes. E o primeiro que hai que evitar son as mensaxes de “Goberno ilexítimo” e outras semellantes. Feijoo debe fuxir de apoiar eses cualificativos e coidarse moito deses compañeiros de viaxe. Se a Sanchez lle van as cousas medianamente ben, e a situación amaina, o sr. dos Peares non pisará a Moncloa e axiña o apearán do mando os populares que hoxe o aplauden.

Gobernar con maiorías absolutas é moi sinxelo. Facelo compartindo o poder é moito máis complexo. E a experiencia de Feijoo sempre foi chegar e bicar o santo. Mais agora as cousas sonlle moi distintas. Ou se libera de moitas e tóxicas compañías, ou non pisará nunca a Presidencia do Goberno.

QOSHE - Feijoo e as maiorías absolutas - Manuel Herminio Iglesias
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Feijoo e as maiorías absolutas

6 0
22.11.2023

Gobernar cunha maioría absoluta homoxénea deulle a Feijoo unha áurea de gañador. Ise era o seu currículo: acadar tres maiorías absolutas. E nese espello, os líderes da capital do reino do PP viron unha táboa de salvación. Apartaron a Casado e recibiron a Feijoo cos brazos abertos. E claro, levárono para Madrid pensando que no resto da península volvería repetir o que acontecera no noroeste que olla o Atlántico. Mais ó ignorar que en todo o Estado as cousas camiñan doutra maneira, pasou o que pasou. E Feijoo, aquel moderado que agochaba a súa faciana de conservador duro; que presumía de bo xestor, indo contra o sanchismo, pinchou. As maiorías absolutas non se dan con moita frecuencia nesta península, na que temos distintas sensibilidades ideolóxicas e formas de ver a política territorial do Estado. Esa visión errada, e tamén que no seu partido hai moitos galos e galiñas que lle sinalaron o camiño,........

© La Región


Get it on Google Play