O pacto entre o PP e o PSOE na Deputación de Ourense semella un xiro copernicano na maneira de gobernar no ente provincial. Queda con este acordo atrás unha maneira de entender a política e tamén o reparto dos cartos para os distintos concellos da provincia. Con este acordo quedan descolocados tanto o grupo do alcalde, ou sexa DO, que xa non é preciso para manter a maioría dos populares, e nunha situación como se fora en terra de ninguén o BNG, pois ó non sumarse a ise acordo con distintos argumentos a realidade é que votou coincidindo co grupo do alcalde e iso devalúa moito o seu voto. A chegada de Menor ó Pazo Provincial abre portas para futuros acordos que, por teren unha base social máis ampla, seguro que lle irán ben a esta provincia ida a menos. Provincia que precisa urxentemente unha política de unidade para afrontar un futuro que semella moi escuro e incerto.

A verdade é que xa era hora de que houbera trocos importantes nunha terra que arrastra o lastre de ser unha provincia que cae en picado en todos os índices que miden o benestar no Estado. Mais con este primeiro paso ábrense algunhas preguntas. A primeira pode ser se o seguinte pacto pode ser extrapolable para que, na cidade das Burgas, se troque de alcalde, pois é unha realidade urxente apartar a un deslingüado e bocalán da cadeira de mando. E a segunda é se o cambio de rumbo seguirá vixente nos vindeiros anos. Tocante á primeira, xa sei que precísase un concelleiro máis, pois coa suma de PSOE e PP non chega ós catorce votos para asinar unha moción de censura. E neste caso precísase un do Bloque. E é público que membros do BNG dixeron por activa e pasiva que ó PP nin auga, aínda que sexa un erro de estratexia. Sei que iso será moi difícil, pois arredarse do non custa ter que mudar de pensamento. E aínda que o caso de Ourense é un caso moi especial, ás veces recoñecer esa realidade en Compostela é moi complicado. Mais sería moi bo para esta cidade, que camiña a día de hoxe sen proxecto e incapaz de afrontar os grandes problemas que ten, que se acometera este asunto. Na política, ás veces, para fuxir do mal maior hai que aceptar que goberne o mal menor. Vamos, que, con aplicar o sentidiño, arranxaríase o asunto. Mais eu percibo que o que menos importa e o estado do concello; sobor de todo cando non se afrontan os grandes e graves asuntos que están por resolver e se poñen por diante os intereses partidarios. Ben sei que hoxe, nesta cidade, a carencia de líderes e de xente de peso na vida local é moi evidente. Xente que teña esa forza de non plegarse ás consignas partidarias que veñen doutros lugares, consignas que esquecen que esta cidade está aturando unha situación límite. Todos, en maior e menor medida, teñen a culpa do que pasa.

Pouco máis se pode dicir dunha urbe onde nese todos están os movementos cidadáns, as asociacións de diversa índole e os partidos políticos que son incapaces de plantexar solucións para a terceira urbe galega. As veces tanto conformismo, tanta banalidade e tanto silencio mete medo. Ourense e a súa xente están anestesiados polo furor das festas que monta Jácome e a súa cuadrilla de amigos. Os ourensáns, conformámonos coa crítica no bar. E con esbardallar na barra xa somos felices. Ourense está fora de xogo do que acontece no resto de Galicia. Ourense non pinta nada a nivel desta terra, e como non ten peso político tampouco se espera nada salientable. Por iso, aínda que sexa algo pequeno, é un bo chanzo que os concellos da provincia teñan un reparto mellor de fondos que os axude na súa sempre precaria situación económica. Racha coa política de reparto partidario que durante moitos anos campou nesta terra do interior galego. Algo é algo. A pena é que na cidade todos esteamos fora de xogo e vivamos na inopia, mentres uns poucos esnaquizan a vida local desta nosa Auria.

QOSHE - Fóra de xogo - Manuel Herminio Iglesias
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Fóra de xogo

2 0
29.11.2023

O pacto entre o PP e o PSOE na Deputación de Ourense semella un xiro copernicano na maneira de gobernar no ente provincial. Queda con este acordo atrás unha maneira de entender a política e tamén o reparto dos cartos para os distintos concellos da provincia. Con este acordo quedan descolocados tanto o grupo do alcalde, ou sexa DO, que xa non é preciso para manter a maioría dos populares, e nunha situación como se fora en terra de ninguén o BNG, pois ó non sumarse a ise acordo con distintos argumentos a realidade é que votou coincidindo co grupo do alcalde e iso devalúa moito o seu voto. A chegada de Menor ó Pazo Provincial abre portas para futuros acordos que, por teren unha base social máis ampla, seguro que lle irán ben a esta provincia ida a menos. Provincia que precisa urxentemente unha política de unidade para afrontar un futuro que semella moi escuro e incerto.

A verdade é que xa era hora de que houbera trocos importantes nunha terra........

© La Región


Get it on Google Play