Nas campañas electorais sempre hai frases que teñen un trasfondo que, se se toman ó pe da letra, sinala certa prepotencia por parte da formación que as emprega. O obxectivo que tentan é amosar superioridade fronte ós competidores políticos. Houbo un tempo no que nesta cidade, trombón en ristre, acompañado dunha charanga, escoitábase aquelo de: “Si no eres del PP, jódete jódete...”. A cousa é que aquel dito, na apertura da campaña electoral, tiña o seu aquel e a súa lectura. Pois aínda que era de coña a con moita retranca, a frase mandaba unha mensaxe que amosaba o poderío neste noroeste peninsular dos conservadores fronte ós demais partidos.

Os tempos foron pasado, e despois de todo o que choveu e tamén das corruptelas e sentenzas habidas contra os populares, o retrouso “Si non eres do PP...” xa non se escoita. Mais, hai uns días, o sr. Rueda, presidente en funcións da Xunta, lanzou ó vento unha mensaxe que, despois de escoitala, sigue a ter un trasfondo semellante ó de anos atrás: “Nós somos a Galicia riquiña fronte os que son a Galicia enfurruñada”. Ou sexa: nós somos a Galicia amabel, a acolledora, a que non berra, a que traballa, a que arranxa os problemas, vamos: a mellor. E a outra, é a Galicia que berra e que está sempre enfurruñada, a que está sempre cabreada, a que crea problemas, o que ven a ser o contrario do que os galegos precisamos.

A verdade é que o dito ten o seu aquel. Pois entendo que, por protestar e reivindicar que os servizos públicos sexan públicos e funcionen mellor ou por reclamar certas competencias para que sexan xestionalas desde esta terra, así como facer fincapé no trato desigual entre provincias e comunidades ou defender a nosa identidade idiomática e cultural, un presidente critique ise posicionamento político semella un certo desprezo cara os que pensan desa maneira.

Algún día farase un balance do que o nacionalismo galego lle aportou a este país. Ben sei que pode que haxa cuestións que revisar, pois as sociedades evolucionan e as formas de ver a vida tamén. Mais tamén sei que o primeiro que lle aportou á sociedade galega en xeral foi o de devolvernos o orgullo de sermos nós coas nosas virtudes e defectos. Tamén o de fortalecer a nosa personalidade e identidade como nacionalidade histórica que somos e que está recollida no texto constitucional. Como o de reivindicar unha serie de competencias que de seguro mellorarían a vida dos galegos. Mais esta xente á que o candidato Rueda cualifica como “enfurruñada” aportou e aporta moitas cousas positivas. Reivindicar melloras sociais e políticas para dentro do Estado ter máis influencia nas decisións que nos afectan sempre será moi positivo.

Galicia sempre foi terra de acollida. Mais o cualificativo de riquiños sona un chisco a rancio e, sobor de todo, a mensaxe moi paternalista. E o de enfurruñados leva tras de si unha carga de mala uva; de xente conflitiva e problemática e incluso frustrada. De persoas que soamente buscan e crean conflitos, cando non é así. Clasificar así ós galegos como se uns fosen os bos e os outros os enfurruñados e pouco menos que malos é un erro moi grave.

A xente que apoia opcións políticas nacionalistas son persoas que aman a esta terra e que non a ven como un lugar submiso que traga con todo o que lle poñen riba das costas dende poderes alleos. Na política tes que facer valer os teus dereitos se queres acadar obxectivos e melloras sociais. Do contrario, outros gobernarán por ti e defenderán soamente os seus intereses. En fin, triste e errado cualificativo o de enfurruñados. O mellor quen iso di non é máis ca un mandado que fuxe de amosar o que fixo na Xunta no último mandato e soamente ofrece un futuro gris escuro para esta terra. Por tal motivo precisamos aire novo e un cambio nas institucións, pois os que levan moitos anos gobernando chegan a pensar que o poder lles pertence dende sempre.

QOSHE - Enfurruñados ou riquiños - Manuel Herminio Iglesias
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Enfurruñados ou riquiños

4 1
07.02.2024

Nas campañas electorais sempre hai frases que teñen un trasfondo que, se se toman ó pe da letra, sinala certa prepotencia por parte da formación que as emprega. O obxectivo que tentan é amosar superioridade fronte ós competidores políticos. Houbo un tempo no que nesta cidade, trombón en ristre, acompañado dunha charanga, escoitábase aquelo de: “Si no eres del PP, jódete jódete...”. A cousa é que aquel dito, na apertura da campaña electoral, tiña o seu aquel e a súa lectura. Pois aínda que era de coña a con moita retranca, a frase mandaba unha mensaxe que amosaba o poderío neste noroeste peninsular dos conservadores fronte ós demais partidos.

Os tempos foron pasado, e despois de todo o que choveu e tamén das corruptelas e sentenzas habidas contra os populares, o retrouso “Si non eres do PP...” xa non se escoita. Mais, hai uns días, o sr. Rueda, presidente en funcións da Xunta, lanzou ó vento unha mensaxe que, despois de escoitala, sigue a ter........

© La Región


Get it on Google Play