En Xénova, coa aquiescencia do sr. Rueda, seguindo o rebufo da tan empregada amnistía contra o malvado Sánchez, convocáronse as eleccións galegas. Hai moita presa en sacarlle un bo rédito a este e outros asuntos, como o da emigración. A semana seguinte de queimar os entroidos, temos que ir votar. Mais na chamada esquerda auténtica, o divorcio que parecía a piques de superarse escachou, e esa maioría de 38 escanos comeza a ser máis complicada. As división e liortas entre formacións políticas polo mesmo espacio electoral van ter consecuencias, pois Sumar e Podemos xóganse seguir vivas ou desaparecer neste noroeste peninsular. E este asunto agravouse coa votación dos podemitas contra o decreto que levaba a marca da vicepresidenta de Ferrol. O infantilismo dos rapaces de Podemos condénaos a entrar nun camiño onde as culpabilidades vanlle pesar como unha lousa de pedra.

A falla de madurez política e a influencia dese líder que se foi pero que está, e sempre aparece como a sombra que sempre me asombra do poema de Rosalía, fixo escachar a unidade de comenencia para saír o mellor posible do paso electoral.

A chamada esquerda auténtica sempre andou e anda en liortas ideolóxicas atadas a purismos para saber quen é mais reivindicativo defendendo ás clases sociais menos favorecidas. Os comunistas que querían tomar o ceo por asalto, chocan fronte ós pragmáticos que a día de hoxe lidera a galega, e moi oportunista, Yolanda Díaz.

E como seguen nesas leas inútiles e estériles, pois tanto o PSOE como o BNG ven unha oportunidade para ensanchar o seu espazo electoral.

O paso do tempo e a reflexión de que é mellor o malo coñecido que o bo por coñecer, van clarificando o panorama electoral. O mapa quedará repartido entre tres formacións. As demais serán testemuña, pois non pinta nada ben para elas. Claro que na nosa cidade temos a aparición do pintoresco Jácome e o seu chiringuito. Digo o de chiringuito pois a creación dun partido político é algo máis serio que a pallasada do que significa a anomalía de DO. E fago esta afirmación pois nun partido hai principios, ponencias, discusións, asembleas e congresos, e ate onde se sabe, nese grupo non hai nada máis co capricho de Gundisalvo Ferreira, que é o que ten todo o poder e onde van parar todos os cartos... que seica son moitos. E nese todo inclúo os euros que, segundo vox populi, pasan por ser cotas partidarias dos cargos postos a dedo no Concello. Hai uns días, alguén que sabe do asunto díxome que o paso polo Concello permítelle facer caixa e vivir ben a conta da democracia a algúns persoeiros que carecen de principios e tamén de ética.

En fin, estamos en Ourense cidade, que é cualificada por algúns medios televisivos como “o salvaxe Oeste”. Triste adxectivo que temos que aturar os que sentimos orgullo desta cidade. Mais as cousas son así. Esperemos que remate este andazo e os ourensáns recuperemos o sentidiño. Agora que estamos nun tempo frío co Entroido petando ás portas e con eleccións á vista, esperemos que estas non sexan unha entroidada máis, pois nelas xogámonos moito. A chamada esquerda, a que aludín ó comenzo, xogase a súa existencia; xógase practicar o pragmatismo, ou desaparecer. E os nacionalistas tamén se xogan ou aceptar ese pragmatismo no caso de gobernar, ou seguir a soñar con revolucións que nunca chegarán. Con todo, son a única esperanza de que algo mude nesta terra. Precisamos un vento novo que entre nas institucións e as osixene, dado que moitos dos que gobernan pensan que o poder lles pertence dende sempre. E eso é moi malo para a democracia e para Galicia.

QOSHE - Asaltar o ceo contra o pragmatismo - Manuel Herminio Iglesias
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Asaltar o ceo contra o pragmatismo

4 15
17.01.2024

En Xénova, coa aquiescencia do sr. Rueda, seguindo o rebufo da tan empregada amnistía contra o malvado Sánchez, convocáronse as eleccións galegas. Hai moita presa en sacarlle un bo rédito a este e outros asuntos, como o da emigración. A semana seguinte de queimar os entroidos, temos que ir votar. Mais na chamada esquerda auténtica, o divorcio que parecía a piques de superarse escachou, e esa maioría de 38 escanos comeza a ser máis complicada. As división e liortas entre formacións políticas polo mesmo espacio electoral van ter consecuencias, pois Sumar e Podemos xóganse seguir vivas ou desaparecer neste noroeste peninsular. E este asunto agravouse coa votación dos podemitas contra o decreto que levaba a marca da vicepresidenta de Ferrol. O infantilismo dos rapaces de Podemos condénaos a entrar nun camiño onde as culpabilidades vanlle pesar como unha lousa de pedra.

A falla de madurez........

© La Región


Get it on Google Play