A estación do outono, cecais por ter os días máis sombrizos, parece que chama a saudade. E o recordo de moitos aconteceres que forman parte do noso pasado volven á retina para facerse presentes. Existimos presos de moitas das nosas vivencias e imaxes. Sempre foi así. Sin o pasado non seríamos nada. E como no outono, sobor de todo a partires do cambio de hora, queda máis tempo para falar, lembrar e, si é o caso, comparar moitas cousas do pasado co presente, os aconteceres que xa quedaron lonxe chaman á porta.

Para os que xa temos un tempo, o primeiro que salta á vista cando camiñamos polos arredores deste noso Ourense e ver como o que foi a horta que durante moitos anos nutriu á cidade de produtos do campo, a día de hoxe está totalmente en ermo. A mellora na rede viaria permitiu a chegada de moitas froitas e produtos que nos anos sesenta do século pasado eran moi escasos ou non viñan ás prazas da cidade. Agora, cando paseas polos arredores do que se coñece como perímetro rural, o primeiro que salta á vista é unha paisaxe totalmente chea de maleza, pouco traballada e medio morta. E polo tanto, moi pouco chamativa. As cousas mudaron en moitos casos para mellor, e noutros, depende de como cada quen o vexa. Que a xente que antes vivía do rianxo hoxe é moita menos e a pouca que hai traballa a terra con outros medios e faino soamente como complemento da economía familiar ou como un concepto romántico de comuñón coa terra. Mais o impacto visual aviva o recordo e pon na mesa o despoboamento dese rural que morre, sobor de todo o que está lonxe das cidades e vilas.

Nesta terra con tantas potencialidades naturais parece unha realidade moi difícil de crer. Agora que chegan familias doutros lugares para cubrir oficios parra os que, por diversos motivos, non se atopa xente, chama moito a atención que a maioría das terras estean sin ser aproveitadas para quirarlles rendabilidade económica. Chama a atención que o monte siga ardendo ano tras ano e que non se busque un xeito e unha planificación para que sexa soporte e axuda da economía familiar. Que o rural esmoreza e que, como consecuencia da caída de poboación, tras desa perda veña á de servizos é un serio problema.

Parece que non se quere abordar ise gran asunto. Moito falan de potenciar o rural as forzas políticas, mais os que mandan non aportan solucións a unha forma de vida que vai escachando e perdendo adeptos. Por eso, cando escoito falar ós que detentan o poder de que o rural é a nosa principal teima, percibo que todas son verbas ocas e valeiras de contido. Agora que andamos xa medio metidos nunha precampaña electoral, dende o poder anúncianse gratuidades para viaxar, tamén se lanzan axudas para ir de vacacións e un longo etc. E nesta cidade, Jácome, o pintoresco alcalde, di que “Ourense mete medo”... e ten moita razón. Mete medo ver como dende o Concello todo o que hai que presentar soamente son festas de mal gusto. Chocalleiradas que promoven que a xente viva na inopia, para agochar a inoperancia ó afrontar problemas importantes que ten esta urbe ida a menos. “Ourense mete medo” anuncia a propaganda pagada cos cartos públicos. Son so proclamas que laretean dende a casa de todos. E fano como se esa fora a solución ós problemas da cidade.

Mentres tanto, sumidos nos recordos, vivimos un presente que fuxe de afrontar unha realidade triste, da que tamén temos parte de culpa por non esixir solucións ós problemas estruturais. E preferimos o silencio cómplice, ou vivir e calar, mentres outros agóchanse no recordo e outros, que son moitos, xustifican vivir na inopia da festa e da trapallada permanente. Si, esa que non nos leva a ningures. Por iso o futuro da provincia e da cidade “mete medo”.

QOSHE - As terras e a cidade, en ermo - Manuel Herminio Iglesias
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

As terras e a cidade, en ermo

4 1
01.11.2023

A estación do outono, cecais por ter os días máis sombrizos, parece que chama a saudade. E o recordo de moitos aconteceres que forman parte do noso pasado volven á retina para facerse presentes. Existimos presos de moitas das nosas vivencias e imaxes. Sempre foi así. Sin o pasado non seríamos nada. E como no outono, sobor de todo a partires do cambio de hora, queda máis tempo para falar, lembrar e, si é o caso, comparar moitas cousas do pasado co presente, os aconteceres que xa quedaron lonxe chaman á porta.

Para os que xa temos un tempo, o primeiro que salta á vista cando camiñamos polos arredores deste noso Ourense e ver como o que foi a horta que durante moitos anos nutriu á cidade de produtos do campo, a día de hoxe está totalmente en ermo. A mellora na rede viaria permitiu a chegada de moitas froitas e produtos que nos anos sesenta do século pasado eran moi escasos ou non viñan ás prazas da cidade. Agora,........

© La Región


Get it on Google Play