Aqueles veráns no Barbaña
Cada tempo trae os seus recordos. Cada estación as súas lembranzas. E como se fose unha cantinela que ano tras ano repítese, hoxe toca falar daqueles veráns. Nestes días onde un calor tan esaxerado e resulta case imposibel de aturar, esquecerse dun tempo que xa queda lonxe, pero que aínda esta vivo na retina de moitos seixalbeses e ourensáns, é perder unha boa referncia. Pois é tanto como perder a consciencia do vivido. Corría a década do sesenta do século pasado, e os adolescentes e mozos xunto cos maiores, todos camiñábamos pola estreita, hoxe rúa do muíño, cara a que nos lle chamabamos a Presa Grande. Aquelo era algo máis ca unha presa que viña de moi antigo e que nutría de auga a un Muíño. No Barbaña había moitas máis desas, pero esta era a máis grande. E nese encoro xunto, cos veciños de San Cibrao, bañabámonos naquelas augas limpas e cristaíñas. Da marxe esquerda estaban as mozas do veciño concello. Todas facendo gala de poucas amizades e moitas veces lendo un libro, pois semellaban moi cultas. Da outra marxe estábamos o veciños de Seixalbo todos facendo barullo e........
