Unha nova referida á Igrexa que saiu hai pouco tempo nos medios chamoume a atención. Nela o prelado actual de Sao Paulo plantexoulle ó Vaticano unha consulta que derivou na tolerancia para que as persoas LGTBI poideran ser padriños de nacementos e vodas. Esto que parece unha minucia, abriu as portas á que a Igrexa actual camiñe cara a aceptación de realidades sociais que cada día son máis normais na sociedade de hoxe.

Pola contra, hai uns días, un grupo de cregos que se autodenominan como “a Igrexa de Cristo Rei”, nunha charla polas redes dixeron que rezaban para que o papa fora para o ceo canto antes, dando a entender que desexaban que o bispo de Roma canto antes desapareza e deixe baleiro o cetro de San Pedro. Logo viñeron as desculpas, mais o dito deixaba claras as intencións.

O mundo actual camiña con moita presa. O que hai uns anos eran uns principios fixos que semellaban inmutabeis, pasadas dúas xeracións entraron en discusión e ate en decadencia. E polo tanto están en entredito. Mellor, esfareláronse e xa non valen nin funcionan. Os avances científicos, os erros dos moitos cregos tapados pola institución e a posta en práctica de que o centro do universo somos os humanos, axudaron a que moitas cuestións, como a do feito relixioso, entren nunha crise que, non tardando moito tempo, levará á igrexa a mover ficha e revisar moitos conceptos e principios, se é que quere seguir viva e cumprir unha función espiritual. Grupos como o que arremete conta o pontífice traballan para levar á Igrexa actual cara algo semellante ó que foi o nacionalcatolicismo e lembran a Franco como o salvador da institución na España actual. Estas dúas visións que se perciben na sociedade, así como a función que o feito relixioso debe ter nos tempos que vivimos, están nunha loita que se fai cada día máis visibel. Algún crego ourensán díxome que o papa de hoxe esta a desfacer a Igrexa. Na vida cotián, a natureza é a principal fonte de moitas filosofías, e se os seres humanos son o centro da vida e camiñan a prol da felicidade, adaptar a Igrexa a estes principios básicos comenza a ser unha tarefa pendente.

A sociedade actual cada día está mais identificada co racionalismo, ou sexa, co uso da razón fronte o misterio e a escuridade. Conceptos como o da fe comenzan cuestionarse e decaer, sobor de todo en Occidente. As sociedades evolucionan e a ciencia, cos seus avances, axuda e forza a modificar principios e cuestións que apenas hai cincuenta anos eran fixos. Por outra parte, a natureza non é perfecta e ten as súas chatas e taras. Os conceptos que ate de agora tíñamos sobor da forma de vida e os roles que xogan as persoas na sociedade, dividíndoa en sexos, comenzan a ter fisuras e a non seren aceptados por unha parte importante dos cidadáns. A día de hoxe, a homosexualidade, o lesbianismo e o caso das nais por xestación in vitro comenza ser algo case normalizado.

E diante estas cuestións, así como a sexualidade entre as parellas antes do matrimonio, tema demonizado sen máis, a actual Igrexa non ten unha resposta que ofrecer ó que xa é unha feito aceptado polo común da xuventude e da sociedade en xeral. Se algúns cregos ultras pensan na volta do franquismo, e soñan con algo semellante a unha teocracia, errados van. Ademais, a pouco que analicemos a evolución da Igrexa concluiremos que diferentes ritos e maneiras de vivir a espiritualidade e a relixiosidade de épocas pretéritas foron evolucionando segundo os tempos.

En fin, semella que na Igrexa actual, alomenos hai dúas tendencias, dúas visións de como debe ser esta institución e como debe actuar no mundo de hoxe. Non queda outra: ou adaptarse ós tempos, como di o papa Francisco, ou esmorecer de maneira continuada como acontece hoxe.

QOSHE - Adaptarse ós tempos - Manuel Herminio Iglesias
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Adaptarse ós tempos

4 9
06.03.2024

Unha nova referida á Igrexa que saiu hai pouco tempo nos medios chamoume a atención. Nela o prelado actual de Sao Paulo plantexoulle ó Vaticano unha consulta que derivou na tolerancia para que as persoas LGTBI poideran ser padriños de nacementos e vodas. Esto que parece unha minucia, abriu as portas á que a Igrexa actual camiñe cara a aceptación de realidades sociais que cada día son máis normais na sociedade de hoxe.

Pola contra, hai uns días, un grupo de cregos que se autodenominan como “a Igrexa de Cristo Rei”, nunha charla polas redes dixeron que rezaban para que o papa fora para o ceo canto antes, dando a entender que desexaban que o bispo de Roma canto antes desapareza e deixe baleiro o cetro de San Pedro. Logo viñeron as desculpas, mais o dito deixaba claras as intencións.

O mundo actual camiña con moita presa. O que hai uns anos eran uns principios fixos que semellaban inmutabeis, pasadas dúas xeracións........

© La Región


Get it on Google Play