Non hai, alomenos nesta terra, festa de orixe relixioso na que arredor dela non estea presente o comercio, o consumismo e un bo xantar. Chegaría con dar unha volta polas catro provincias e facer un listado, seguro que non collería en varias follas. E en todas estas manifestacións populares de carácter relixioso aparece a economía como un factor complementario e, polo tanto, determinante do seu éxito. Mais na que mellor se manifesta o consumismo acrítico e o dispendio é na celebración do Nadal.

Dende hai un tempo a febre dos alumados e de ver que pon a arbore máis grande comenza a ser un choteo que xa dá para moitas chanzas e cachondeos. Na nosa cidade, anos atrás, os comerciantes, por aquelo de incitar ó consumismo, pagaban o alumado das rúas do centro da urbe. Esto, que foi unha realidade, mudou, pois algúns alcaldes quixeron facerse notar, e agora o Concello apeituga con todos os gastos que non son poucos. E o que é peor, todos os concellos entraron nunha competencia con outras vilas e cidades para ver quen pon máis luces e farolea máis de ter o alumado máis chulo. E o que debera ser un Nadal participativo, como acontece nos pequenos pobos e aldeas onde cada veciño decora e pon as luces en cada fachada, pasou a ser unha obriga que en moitos casos resulta abusivo e molesto.

Ben sei que lembrar o pasado sempre ten connotacións que nos levan a pensar que calquera época foi mellor, cando non é así. Os tempos e as modas son diferentes e desta maneira hai que interpretar o noso día a día. Con todo, o Nadal de hoxe resulta ser unha festa moi artificiosa, pois o sentido daquela de carácter relixioso que facía un balance do ano que morría e plantexaba desexos e esperanzas para o novo que chegaba, pasou á historia e xa é pasado. Como tamén moitas tradicións que tiñan o seu aquel, coma os concertos de panxoliñas nos que os coros participaban. Tamén os cantos de Nadal polas casas veciñas onde se interrelacionaba a xente e fortalecía os vincallos de amizade e convivencia. Xa sei que a día de hoxe moitas das agrupacións corais da cidade desapareceron. Quedan algunhas e andan escasas de xente moza que queira participar nelas. Mais estas agrupacións eran escolas de convivencia e de aprendizaxe musical. As novas tecnoloxías, no canto de animar a cantar, semella que animan soamente a escoitar e a non participar. Por iso a cantiga que máis se escoita e a de: “Oe, oe, oe, oe, oe, oe”.

O individualismo ten a moita xente obsesionada, e por ser unha gran verdade, a sociedade reséntese en todo o que sexa participación social. Os que andamos mergullados no mundo cultural sabémolo ben. O problema agudízase cando dende as institucións soamente se promociona a diversión e unha especie de pseudocultura mesturada coa festa que converte á xente en masa uniforme sen capacidade crítica e incapaz de discernir o grao da palla, o ético do amoral e a calidade do que non a ten. Tras desa forma de manipular ven, ademais do despilfarro de cartos públicos, a decadencia en todos os sentidos da vida social e comunitaria.

A fantasía artificial do Nadal inunda as nosas rúas. E como se fóramos un pouco zombis ollamos o lucerío e esquecemos tantas cousas e aconteceres que mesmo arrepía. Esquecemos esas guerras que invaden e desfán países, que pisan os dereitos das persoas, que machacan a moita xente inocente, que matan e encadean a nenos e maiores. Mais, embaucados polas luces de mil cores e por un consumismo voraz, ata cremos que somos felices nun Nadal artificioso.

A nosa sociedade, todo o que toca quere sacarlle rendibilidade económica. E, a día de hoxe, precisamos un chisco de sentido común, mesura e moita racionalidade para vivir o presente.

QOSHE - A fantasía e o consumismo no Nadal - Manuel Herminio Iglesias
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A fantasía e o consumismo no Nadal

5 0
06.12.2023

Non hai, alomenos nesta terra, festa de orixe relixioso na que arredor dela non estea presente o comercio, o consumismo e un bo xantar. Chegaría con dar unha volta polas catro provincias e facer un listado, seguro que non collería en varias follas. E en todas estas manifestacións populares de carácter relixioso aparece a economía como un factor complementario e, polo tanto, determinante do seu éxito. Mais na que mellor se manifesta o consumismo acrítico e o dispendio é na celebración do Nadal.

Dende hai un tempo a febre dos alumados e de ver que pon a arbore máis grande comenza a ser un choteo que xa dá para moitas chanzas e cachondeos. Na nosa cidade, anos atrás, os comerciantes, por aquelo de incitar ó consumismo, pagaban o alumado das rúas do centro da urbe. Esto, que foi unha realidade, mudou, pois algúns alcaldes quixeron facerse notar, e agora o Concello apeituga con todos os gastos que non son........

© La Región


Get it on Google Play