Como cada ano, o Día das Letras recén celebrado, ademáis de honrar a figura dunha persoalidade do mundo da cultura xa desaparecida, rescatando trazos da sua vida e, fundamentalmente, da sua obra en favor do acervo inmaterial de Galicia. Este ano recaeu en Luísa Villalta, filóloga, escritora, violinista e artista polifacética que destacou en moitos apartados da cultura. Sen dúbida, o seu falecemento temperán aos 46 anos impediu a proxección dunha traxectoria moito máis ampla e densa en distintos eidos da cultura, como artista multidisciplinar que era.

Non sei se foi casual ou intencionado o propósito formulado no Parlamento polo novo conselleiro de Cultura, abogando por un pacto pola Língua. Benvido sexa e que abondosos froitos traia, porque os intentos feitos ata o de agora, descarrilaron antes de botar a andar na sua plenitude. (Están a punto de cumplirse 20 anos da aprobación do Plan de Normalización Lingüística, votado a favor por unanimidade no Parlamento galego. Na sua xestación participara unha ampla representación plural e horizontal da sociedade galega, dende a cultura á empresa, medios de comunicación ou sectores varios. Que lástima de ocasión perdida¡).

O que pasou, pasou, e para superar tan prometedora como frustrada experiencia será preciso xuntar vontade e decisión partindo dun principio que Manuel María definiu de xeito sublime, como é sabido: “Galicia somos nós: / a xente e máis a fala. / Se buscas a Galicia / en ti tes que atopala!”. Dito de outra maneira: o equipo do conselleiro debería empezar por convencer ós responsables das primeiras maxistraturas políticas e institucionais para abaixo (incluidos todos os seus compañeiros de gabinete), deberían falar galego con naturalidade máis alá de discursos oficiais, comparecencias públicas ou roldas de prensa, por aquelo de que “fai máis frei exemplo ca frei consello”.

Se os referentes políticos, sociais, económicos, culturais ou deportivos non cren na causa do galego, todo intento de defensa nacerá condenado ó fracaso; sería unha pena, pois ademáis de expresarnos entre nós, o galego abre a porta ó entendemento co mundo lusófono no que habitan case 300 millóns de habitantes. E se alguén dos interpelados na causa teme que apoiando o galego daña o castelán, que non sufra, porque non é certo. Ninguén que use a língua de Rosalía, Curros, Otero Pedrayo ou Carlos Casares, por facelo, xamáis esquecerá o castelán. Na vida. É máis, falar galego por vontade propia tampouco traumatiza.

QOSHE - O galego máis alá das letras - Lalo Pavón
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

O galego máis alá das letras

36 0
19.05.2024

Como cada ano, o Día das Letras recén celebrado, ademáis de honrar a figura dunha persoalidade do mundo da cultura xa desaparecida, rescatando trazos da sua vida e, fundamentalmente, da sua obra en favor do acervo inmaterial de Galicia. Este ano recaeu en Luísa Villalta, filóloga, escritora, violinista e artista polifacética que destacou en moitos apartados da cultura. Sen dúbida, o seu falecemento temperán aos 46 anos impediu a proxección dunha traxectoria moito máis ampla e densa en distintos eidos da cultura, como artista multidisciplinar que era.

Non sei se foi casual ou intencionado o propósito formulado no........

© La Región


Get it on Google Play