Ensoñación
Xa de cativo, quizabes dende sempre, Solovio manifestara unha acusada tendencia innata a soñar e non sempre mentres durmía. Con toda seguridade, adoita pensa-lo home, desta peculiaridade persoal derivaron tanto a miña intensa afección a vivir de noite, engaiolado polo feitizo enigmático da lúa e mailo influxo sensual do seu luar, como a paixón que sinto cando esculco moi polo miúdo a resolución final desa trama metafórica que, liña a liña, raiola a raiola, me narran os solpores, aparentemente iguais mais sempre distintos, que se poñen en escena en cada xornada que remata nas terras do Ribeiro ou nas dunas da Area Loura. Solovio entende que esa capacidade de ensoñación hiperbólica o define de xeito perfecto como galego xunto ó seu, por veces, marcado hipercriticismo hiperenxebrista; é dicir, o grao de hipercrítica aceda que, a meirande parte das ocasións, subxace no fondo dese trazo tan característico noso que adoitamos denominar como........
© La Región
visit website