A pomba dourada
Coma se aínda vivise nos tempos de viño e rosas, Solovio propúxose pasar unha xornada de lecer no Ribeiro. Preparárase a conciencia para vivir unha experiencia que, de seguro, presentaríase batuxada de recordos, de emocións e de enocións.
A medida que camiñaba polas rúas do casco vello de Ribadavia, un manancial inicial de endorfinas, tranquilo e pausado, derivou nunha fervenza de sentimentos: era a expresión explosiva do caudal de lembranzas acumuladas durante os anos de paixón que vivira alí e que, nese momento, acudían ó seu maxín, veloces e caóticos, xerándolle un estado emocional que oscilaba entre o agarimo, a melancolía e a cativerio emotivo.
Quizabes tivese razón o poeta Jorge Manrique e, ás veces, calquera tempo pasado foi mellor, pensaba con cada un dos pasos que daba sobre aquel chan pétreo lousado de historia; por iso, estou convencido de que alá onde fuches feliz é bo........
© La Región
visit website