A choiva púrpura
Escoitar con atención unha canción con historia ou ben vivir intensamente a historia que conta, entre sons, letras e corcheas, unha canción. Ese era o dilema que Solovio quería resolver; a cuestión sobre a que matinaba aquela noite ourensá de finais do mes de marzo, sentado na terraza dun piso na vella Auria ó acubillo das inclemencias do tempo. Tal e coma acontecera había case catro anos, unha borrasca agreste traía canda si auga e vento en cantidades tais que desaconsellaban trazar grandes plans para gozar dunha ponte longa de Semana Santa. Naqueles momentos, a climatoloxía convertérase no fiel e eficaz aliado dun confinamento obrigado ó tempo que axudaba a suaviza-lo fondo pesadume dos veciños, derivado dunha privación de liberdade á que non estabamos afeitos, pensou. Hoxe, coa perspectiva que lle outorgan o tempo e a experiencia, Solovio sabe que o medo rematou por ser unha ferramenta........
© La Región
visit website