Continuamos a visita á exposición “Cidades-Ourense no Tempo”. O poder xurisdicional dos bispos durou uns cinco séculos, e parte do seu declive está na alianza estratéxica da monarquía coa emerxente e próspera burguesía artesá e comercial. A primeira está simbolizada polo brasón da cidade de 1585 cuxa inscrición, “por el rei”, invoca o crecente poder da monarquía sobre os bispos, anticipando o nacemento dos estados modernos centralizados e a eliminación dos poderes locais. A burguesía está representada nunha lámina dunha burguesa ourensá do século XVI, do ilustrador francés de monumentos, planos e prototipos humanos Louis Boudan. A cidade vai reformando e readaptando antigas estruturas, do que da fe o plano de Agustín Cousiño de 1738 da única ponte sobre o Miño, a Ponte Vella, a monumentalización de fontes como a da praza do Bispo Cesáreo, procedente de Oseira e pintada en 1931 por Virxilio Blanco cando aínda se lucía no Posío. E como non, os novos modos e ocio da clase burguesa consolidada na cidade, mostrada nun documento de 1857 que recolle medidas coercitivas para o cuidado do recén creado Xardín Botánico do Posío ou a fotografía dun entroido de inicios do século XX da que destac un neno disfrazado de Abraham Lincoln... no Ourense daquel tempo! Esta clase de ocio e relación social materialízase ademais en asociacións como o “Liceo Recreo de Artesanos”, que nace en 1850, representado por unha das súas esculturas de “negresas”, tan características daqueles momentos, institucións e ambientes. Todo ten que ver co novo pulo que significou para a cidade a súa nova categoría de capital de provincia dende 1833. Poden ver os planos do edificio da Deputación -sede do goberno provincial- de Antonio Crespo, ou a excelente referencia ao “Centro de Instrucción Provincial”, o Instituto, co modelo anatómico desmontable ou “home clástico” do Dr. Auzoux, de 1879, que atesoura o Instituto Otero Pedrayo. Coa onda educativa chegarán ademais persoeiros como Marcelo Macias, creador do Museo Arqueolóxico e xunto con Benito Fernández Alonso ou Manuel Díez Sanjurjo, forma parte da “Comisión de Monumentos de Orense”, ao tempo que influirán en intelectuais como Risco, Cuevillas e Otero-Pedrayo, cun gran peso, sobre todo o primeiro, no nacemento do grupo dos “Artistiñas”, con Acisclo, Quessada, De Dios e outros así como intelectuais da talla de Xocas, Ferro Couselo, Blanco Amor ou Carlos Casares. A exposición mostra obxectos de todos eles e, dalgúns, poderán escoitar as súas voces orixinais. O cartel do Volter -o Tucho-, tallado por Acisclo cun fragmento sobrante de viga do pazo episcopal cedido por Ferro Couselo, é símbolo daquel magma creativo.

A proliferación de xornais en Ourense, que da conta do seu vigor sociocultural, dificultounos enormemente a selección de cinco rotativas. Están están representados a revista ilustrada “El Heraldo Gallego”, o enxebre e pioneiro na escritura integra en galego “O Tío Marcos da Portela”, o diario xeneralista “La Región”, único supervivente, a revista cultural “Nós” ou o agrarista de Basilio Álvarez “La Zarpa”. A cidade “contada” ou literariamente “narrada” completase con libros como “Aires da Miña Terra”, de Curros Enríquez e na edición orixinal de 1880, “Follatos”, de Filomena dto, “O Porco de Pé”, de Vicente Risco, “A Esmorga” de Blanco Amor ou “Ilustrísima” de Carlos Casares. Continuarmos na próxima entrega.

QOSHE - As vésperas do noso tempo - José María Eguileta Franco
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

As vésperas do noso tempo

7 7
20.04.2024

Continuamos a visita á exposición “Cidades-Ourense no Tempo”. O poder xurisdicional dos bispos durou uns cinco séculos, e parte do seu declive está na alianza estratéxica da monarquía coa emerxente e próspera burguesía artesá e comercial. A primeira está simbolizada polo brasón da cidade de 1585 cuxa inscrición, “por el rei”, invoca o crecente poder da monarquía sobre os bispos, anticipando o nacemento dos estados modernos centralizados e a eliminación dos poderes locais. A burguesía está representada nunha lámina dunha burguesa ourensá do século XVI, do ilustrador francés de monumentos, planos e prototipos humanos Louis Boudan. A cidade vai reformando e readaptando antigas estruturas, do que da fe o plano de Agustín Cousiño de 1738 da única ponte sobre o Miño, a Ponte Vella, a monumentalización de fontes como a da praza do Bispo Cesáreo,........

© La Región


Get it on Google Play