Memoria: futuro sen pasado
Un carpinteiro, casado polo civil, con dos fillos, un de tres anos e outra dun ano, trataba de mellorar as condicións de vida da súa familia. Era fillo dun labrego pobre, como todos os campesiños galegos de comezos do século XX, e consciente de que o futuro non estaba na aldea, onde nacera e aprendera os valores que configuran a identidade dunha boa persoa. Home intelixente, tenaz, cunha vontade de ferro, estudaba de noite e traballaba de día e todo ese esforzo non foi ineficaz, fíxose mestre e cos anos acadou un notable prestixio como educador exemplar, o que lle abriu as portas da sociedade capitalina. Cunha vida chea de sacrificios, dores, mortes, persecucións... todas as traxedias posibles cebáronse sobre o pequeno gran home, que morreu co apoio inquebrantable da súa parella y da leal cuñada. Na actualidade, unha praza e un colexio levan o seu nome. Sen embargo a súa eterna identidade está na casiña que construíu preto da vivenda dos seus devanceiros e que foi refuxio en tempos do terror sementado no odio dos miserables que despreciaban o........
© La Región
visit website