Aa
Aa
Aa
-
A
+
Terra santa prá muller morta!
Estou preocupado. Veño de ler un espléndido artigo de Manuel Jabois no que, grazas a el, recordei cousas que non é que as tivese esquecidas, é que non as recordaba. O artigo é entrañable, foi escrito aproveitando unha gripe (ese andacio que nos ronda) e recorda nel a un escritor que eu admiro e do que non sei nin lin nada dende hai xa anos.
Que un escritor fale ben doutro élles tan insólito que ás veces emociona, cal é o caso. Saber de Vázquez Pintor e sabelo grazas a un eloxio feito ó par da valoración da súa impagable obra é un exemplo que, nos anos que mal que ben xa vou calzando, non se prodiga moito.
Quen me coñece sabe que a miña vida basculou sempre entre Ourense e Pontevedra, ás miñas emocións tamén. Non contan os trinta e........
© La Región
visit website