Isto non é Jauja
Hoxe hai anos que morreu Ramón Otero Pedrayo; se boto ben as contas, son cousa de corenta e oito os que van dende o seu pasamento. Recordo ben o día, ben máis ca data. Eu estaba cerca de Lalín, nunha casa dos avós das miñas fillas maiores, e, ó me enteirar, collín o coche e alá marchei cara Ourense. De camiño nevou abondo como pra tornar o verdor da paisaxe nun branco non inmaculado, pero branco a fin de contas. Pola tardiña, ó ir xa de volta, parámonos a mercar pan de Cea. Os máis dos que o fixemos xa van alá case que todos. Recordo con exactitude a presenza dun poeta compostelán, frecuente espectador d’A Bilbaína, un café cantante que había na Rúa do Paseo, que fixo bo aquilo de que, con pan e viño, faise bo camiño. O caso foi que botamos unhas risas. Non poucas e........
© La Región
visit website