We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Os traumas paternais

2 0 0
08.01.2020

O selo cumpre vinte anos nestas datas e o panorama lector de España sería moito máis pobre sen o seu esforzo por traer ao español a autores do leste de Europa ou de Israel, un país moi conectado coa mesma coordenada xeográfica. É o caso de Itamar Orlev, que chega a España con Bandido. Publica a editorial Acantilado e permitiranme facer un recoñecemento dende aquí.

Boa parte da literatura e a sociedade israelí seguen a xirar sobre o asunto do Holocausto e é algo comprensíbel. Vanse cumprir dentro duns días 75 anos da liberación de Auschwitz e imos ser ben conscientes, ao ver as primeiras ringleiras dos actos de homenaxe, do pouco que queda para que non exista ninguén que narre en primeira persoa aquel horror. Chegará entón o intre da memoria e unha novela como ‘Bandido’ amosa que os escritores de Israel están en condicións de reflexionar........

© Galiciaé