Que maior patriotismo que xestionar o territorio para un futuro que non arda?
“Existe un complexo de inferioridade, unha visión estereotipada do rural que continúa moi presente e dificulta o movemento de persoas cara el”, sostén Mar Pérez Fra, economista especializada no ámbito da política agraria e profesora na USC, antes de explicar que, segundo a enquisa estrutural a fogares realizada polo Instituto Galego de Estadística no 2019, hai moita xente vivindo en zonas urbanas cun baixo nivel de satisfacción debido a que posúen condicións peores que nas zonas rurais: “E aínda así permanece a idea de que no rural quédase o que non pode fuxir”.
A esta economista o discurso do retorno ao rural non lle agrada: “Poñer o foco na poboación do rural que continúa a marchar é máis interesante”, di, “o nivel de satisfacción no rural incrementa a medida que incrementa a idade”, engade. A súa principal preocupación recae na xente nova nada no rural e que o abandonan: “As oportunidades de ocio que hai, a xente nova percíbeas como menos atractivas, ao rematar os estudios obrigatorios marchan á universidade e logo de rematala non volven”.
Tanto polo observado en persoa como polos datos que nos proporciona a enquisa debúxase unha imaxe na que a poboación nova é a que menos satisfacción de calidade de vida ten. “A imaxe do rural non mola”, incide, “logo tes o caso da xente estranxeira que valora o rural galego como lugar de calidade de vida e posibilidades, por algo será, podes ofrecer renda e traballo no rural pero sen unhas condicións de vida adaptadas ao século XXI non vas a reter a súa poboación”, aclara, e continúa explicando que incluso se decides asentarte “precisas transporte, médicos, colexios e vivenda en condicións de habitabilidade”.
“As persoas que van a habitar o rural teñen que ter unhas condicións de vida”, coincide Isabel Villalba Seivane, secretaria xeral de SLG, “hai poucas persoas que lle queiran dar continuidade ao negocio familiar, mais o relevo xeracional pode cambiar a un modelo novo no que veña xente de fóra de Galicia”. Villalba considera que se está a perder a oportunidade de repoboamento por non apoiar aos que desexan instalarse no territorio rural e lamenta que “non pode pasar se a vivenda é inaccesible e o coñecemento ou certificados para a produción agrícola son difíciles de conseguir”. Dende a súa posición de secretaria xeral do SLG observa con frustración a presente situación e insiste na importancia de actuar, “preguntémonos”, suxire, “necesitamos esas persoas no rural?, si, para manter o rural vivo, daquela temos que crear as condicións”.
“Hai moitas persoas que non atopan forma de desprazarse a unha zona rural para comezar un proxecto agrario porque atopan dificultades para acceder á vivenda e á formación requirida”, cóntanos a secretaria xeral do SLG, quen coñece varios casos de de persoas de cidade interesadas neste cambio de vida: “A xente accedía de forma tradicional ao coñecemento a través da práctica e da familia pero ao poñerte a cultivar para producir precisas unha certificación que só podes facer en Guísamo”, continúa, “unha cousa é cultivar para ti e outra producir de maneira sostida e con rendemento económico”.
A recuperación da sociedade rural e do sector agrario depende dun cambio de modelo. O antigo modelo de transmisión familiar ha de converterse nun que permita a incorporación de xente nova e allea ao territorio que precisa ser repoboado, sexa xuventude ou persoas que migran doutros sectores económicos procurando renovarse.
A formación debe abarcar dende os estudos regrados, achegando o campo á educación obrigatoria, ata os estudos optativos, os cales precisan ser impulsados para que a poboación desconectada deste ámbito coñeza esta posibilidade. O grande potencial socioeconómico do desenvolvemento rural ofrece unha alternativa á precariedade urbana facendo que de ser coñecido e habilitado, o traballo de campo pode resultar atractivo. “Á xente con vocación agraria hai que facilitarlle un futuro, non só con investimentos, tamén con formación”, explica a profesora da USC: “Estamos á cola en axudas de produción ecolóxica non só en Europa, tamén en España, temos que axudar aos que queren transicionar non só en cartos e maquinaria tamén con información para aprender a aplicar prácticas ecolóxicas”, beneficiosas non só para o medio ambiente senón tamén para xerar independencia económica da industria química e de sementes. “Se teño un técnico que me apoia en optimizar a produción de pastos”, explica, “xa non me sinto tan só e o risco redúcese........© El Salto





















Toi Staff
Sabine Sterk
Penny S. Tee
Gideon Levy
Waka Ikeda
Grant Arthur Gochin
Daniel Orenstein
Beth Kuhel