menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Hai douscentos cincuenta anos...

15 0
08.03.2026

Hai 250 anos, en 1776, Adam Smith publica Investigación da natureza e causas da riqueza das nacións. Un libro revolucionario. Unha obra mestra non tanto pola súa orixinalidade como pola xenial, coherente e sistemática integración nun único texto dos anacos de realidade que outros, de Mandeville a Locke, de Quesnay a Cantillon, revelaran illada e parcialmente. Segundo contan os seus biógrafos, inicia a súa preparación xa en 1766, cando é contratado como preceptor do seu fillo por Charles Townshend, daquelas Chanceller de Facenda do Reino Unido, fascinado tras ler o seu outro libro, A teoría dos sentimentos morais (1759). O mestre e o duque mozo botan dous anos por Europa, coñecendo, entre outros, a Voltaire e Quesnay. A cambio, Townshend págalle unha pensión vitalicia equivalente ao dobre do que Smith cobraba como........

© La Voz de Galicia