Hai 20 anos, La Voz de Galicia foi o primeiro diario do Estado en titular en portada a verdade indubidábel sobre o atentado islamista dos trens de Atocha perpetrado o día anterior, un mérito que partillou con La Vanguardia, que á vez que refería a reivindicación de Al Qaida tamén mencionaba en portada a maledicente hipótese gobernamental. A verdade de que o tempo pon a cada quen no seu lugar nin sequera é incontrovertible. Debe traballarse. Pasaron vinte anos e unha longa e espesa teoría da conspiración demorou demasiados anos aquela verdade. Converter en mérito a verdade expresada nunha primeira páxina de xornal dá medida da súa importancia como chave do exercicio da liberdade de expresión no xornalismo democrático.

Contra o que un presentismo birollo leva a dicir a algúns comentaristas estes días, enganar, xerar e difundir rumores, mentir, como arma política e cultural, non é algo que nos descubriran Banon, Trump e Bolsonaro no século XXI. Tampouco Aznar foi un anticipado a este tempo, como aínda se empeñan en magnificar os que queren entronizalo mesmo pola súa capacidade para mentir ben e intentar enganar a todos os directores de xornais aos que chamou o día dos atentados. Mentir foi sempre unha arma política e cultural para manter o poder, que era do que se trataba en marzo de 2004. Ou para conquistalo. Usar a mentira para provocar unha guerra foi o que fixeron os xornais de W. R. Hearst en 1898, para levar aos Estados Unidos a entrar na guerra de Cuba despois da explosión do acoirazado Maine no porto da Habana, e anos despois para atacar aos revolucionarios mexicanos. Nin sequera hai que chegar aos fascismos dos anos trinta para entender a importancia do uso político da mentira nos medios de comunicación de masas e calquera maior de 60 anos abonda lembrar o NODO ou o Parte de Radio Nacional da ditadura.

Non agochar a verdade sabida, recoñecer as evidencias que a facían crible, foi o mérito de La Voz de Galicia hai vinte anos. Por iso temos que preguntarnos como foi posible que o resto de xornais, moi especialmente os capitalinos, permitiran que un presidente do Goberno lles ditara o titular. Hoxe sabemos como aconteceu, toda a información vertida neste aniversario evidencia a capacidade de control político sobre aqueles máis próximos ao poder. Acreditar na palabra do gobernante por riba da evidencia, como fixeron todos os medios madrileños naquel día, acontece en ditadura porque non existen medios libres, pero tamén cando o medo e o interese dominan as democracias. Por esa mesma razón o recurso a ETA segue usándose aínda contra os contrarios políticos.

Vinte anos despois recoñécese que só dous xornais publicaron daquela a verdade sabida. Apelídaselles a estes medios como periféricos, para sacarlles importancia e para rebaixar o erro propio. Como sempre en España, como cando se fala de linguas, culturas, poderes ou nacionalismos históricos. Confundir litoral con periférico, ademais dun erro, é unha degradación. Confundir verdade con mentira, unha imperdoable desviación. Confundir liberdade de expresión con obediencia ao poder, unha falta de principios. Pero o prezo da mentira segue pendente.

QOSHE - Hai 20 anos este xornal... - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Hai 20 anos este xornal...

6 3
12.03.2024

Hai 20 anos, La Voz de Galicia foi o primeiro diario do Estado en titular en portada a verdade indubidábel sobre o atentado islamista dos trens de Atocha perpetrado o día anterior, un mérito que partillou con La Vanguardia, que á vez que refería a reivindicación de Al Qaida tamén mencionaba en portada a maledicente hipótese gobernamental. A verdade de que o tempo pon a cada quen no seu lugar nin sequera é incontrovertible. Debe traballarse. Pasaron vinte anos e unha longa e espesa teoría da conspiración demorou demasiados anos aquela verdade. Converter en mérito a verdade expresada nunha primeira páxina de xornal dá medida da súa importancia como chave do exercicio da liberdade de expresión no xornalismo democrático.

Contra o que un presentismo birollo........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play