O empeño que puxeron na Xunta gobernada polo PP en minimizar o asunto do granulado de poliuretano, primeiro calando e despois cunha perigosa sobreexposición declarativa, non o tivo —curiosamente— a oposición en atacalos e intentar desgastalos. Pode que os responsables políticos do PP tiveran esa impresión e por iso desataron unha ofensiva, politicamente torpe e cientificamente desinformada, para desviar a atención e eludir a responsabilidade; pero, en realidade, a reacción do BNG foi moi prudente e a do PSdeG veu amparada polas respostas dos ministros aos conselleiros. Aínda que nos gabinetes de comunicación da dereita pensaron o contrario, en realidade a reacción da oposición foi moi medida, non repararon que o que se activou non foi a oposición política, senón a oposición social a través das redes e as informacións nos medios. Como as que deu este xornal.

O que se activou xusto co comezo do ano foi o que podemos denominar a cultura do Prestige. Unha cultura potente e hexemónica, compartida pola inmensa maioría e que xa forma parte do sentido común dos galegos. Digamos que esa cultura está construída sobre a memoria de cinco décadas dunha sucesión de desastres marítimos ambientais, combinada coa memoria da reacción colectiva cando a última marea negra, hai só vinte anos. Esa combinación entre a memoria negativa da fatalidade e a memoria positiva da capacidade de acción colectiva popular activouse en canto apareceron as informacións nas redes por Noiteboa e, sobre todo, cando despois de Aninovo se deron as primeiras reaccións das consellerías.

As primeiras declaracións reflectiron a falta de práctica no debate público, a falta de necesidade de esmero na explicación política. Foron a expresión dun mal hábito de poder, continuado e omnímodo, máis amparado que pelexado. As reaccións políticas non puideron ser menos axeitadas: carecían da memoria necesaria, a de Nunca Máis, da prevención de quen sabe que a xente ten memoria; foron destemidas, nada precavidas, exentas de axilidade política e carentes de sentido da realidade. A conclusión era clara: esta Xunta non se ocupa. A pantasma do Prestige convocárona os conselleiros e o presidente da Xunta. Eles antes que ninguén. Os galegos que votan ao PP nas eleccións galegas fano para que goberne, para que exerza o poder da autonomía. Empeñados no rumbo de confrontación con Pedro Sánchez, españolizando a campaña das galegas en clave Goberno ilexítimo, non repararon que as praias das que falamos son as nosas, nas que uns pescan e outras pasean, unhas marisquean e outros báñanse.

O Prestige, todo o relacionado con el —abonda a simple mención do nome do buque— foi un acontecemento singular que xerou conciencia colectiva e cultura de acción. Pura historia que non se apreza na inmediatez da información política, nin na vertixe da conxuntura electoral na que estaba xa o Goberno da Xunta. A isto súmase saber que a contaminación por plástico está mesmo na alimentación e a urxencia de solucións para a crise ambiental. Dío o foro do capitalismo en Davos e o goberno mundial da ONU.

QOSHE - Granalla de poliuretano e cultura do Prestige - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Granalla de poliuretano e cultura do Prestige

6 1
16.01.2024

O empeño que puxeron na Xunta gobernada polo PP en minimizar o asunto do granulado de poliuretano, primeiro calando e despois cunha perigosa sobreexposición declarativa, non o tivo —curiosamente— a oposición en atacalos e intentar desgastalos. Pode que os responsables políticos do PP tiveran esa impresión e por iso desataron unha ofensiva, politicamente torpe e cientificamente desinformada, para desviar a atención e eludir a responsabilidade; pero, en realidade, a reacción do BNG foi moi prudente e a do PSdeG veu amparada polas respostas dos ministros aos conselleiros. Aínda que nos gabinetes de comunicación da dereita pensaron o contrario, en realidade a reacción da oposición foi moi medida, non repararon que o que se activou non foi a oposición política,........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play