Xa estamos coa teima do franquismo, pensarán algúns lectores ao ver o titulo e evitarán entrar no contido. Xa estamos a voltas co pasado, dirán outras para saltar a lectura. Outros interesaranse por saber de que anatomía da ditadura se fala aquí. A iso nos dedicamos os historiadores, ao pasado, a indagalo e tratar de explicalo, pero non só nos. O pasado é demasiado importante para monopolizalo. Igual que a política democrática non é só cousa de politólogos, nin a xustiza asunto exclusivo de xurisconsultos, dende que o liberalismo acabou coa venalidade de oficios e as xurisdicións herdadas. Nalgúns países, a cidadanía elixe fiscais, o xuízo por xurado é a forma democrática de que o «pobo» faga parte das decisións xudiciais á vez que os xuíces. A ditadura identificaba o xuízo por xurado anterior a ela con tribunais populares revolucionarios, aquela manipulación do pasado —que perdura— retrasou moito a participación democrática na xustiza. A mentira manipulaba tempos e formas pero tiña base, pois a participación popular na Administración de xustiza si ten orixe revolucionaria: francesa, inglesa, norteamericana. A ditadura baseábase no engano e a manipulación e algúns daqueles trebellos a sobreviviron.

Denominar ditadura, en troques de franquismo, ao réxime totalitario, carente de liberdades, pluralismo político, nin Estado de dereito que vai de 1939 a 1977 pode ser unha das conclusións a destacar do importante coloquio de historiadores dese período organizado a pasada semana en Toulouse polo profesor François Godicheau. Concibido como posta ao día de investigacións recentes, a orixe do encontro parte da resposta propiciada por historiadores franceses a compracente reseña publicada en Le Figaro do libelo dun autor español de extrema dereita (procedente da ultra-esquerda terrorista, un clásico) que reproduce as razóns golpistas para explicar, xustificar e valorar as catro décadas da ditadura española.

Para ver un campo de concentración de republicanos españois convertido en museo hai que viaxar a Ribes Altes, en Perpignan, para falar de vagar da ditadura hai que ir á capital do exilio republicano en Francia. Resulta irónico, sobre todo resulta revelador da necesidade de distancia física —non só temporal— que require debater a longa sombra da ditadura. Varios colegas composteláns especializados nese período participaron no coloquio, con eles abundaban cataláns, vascos, aragoneses, andaluces, valencianos, historiadoras de universidades francesas e doutros países. Tamén neste caso escaseaban representantes de dentro da M-30, outra curiosidade reveladora. A visión compracente da ditadura como un réxime paternalista, desenrolista, ocasionalmente autoritario, produto dos anos trinta, vén sendo promovida en Francia pola extrema dereita, buscando a equiparación co réxime colaboracionista de Petain, ao que non resulta tan doado desculpar, pero do que se queren continuadores. Usos espúreos do pasado para a política do presente. Negacionismo puro. En España nin teñen que cambiar pasados: aí segue o Arco de Triunfo en Puerta de Hierro.

QOSHE - Anatomía do franquismo - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Anatomía do franquismo

6 1
26.03.2024

Xa estamos coa teima do franquismo, pensarán algúns lectores ao ver o titulo e evitarán entrar no contido. Xa estamos a voltas co pasado, dirán outras para saltar a lectura. Outros interesaranse por saber de que anatomía da ditadura se fala aquí. A iso nos dedicamos os historiadores, ao pasado, a indagalo e tratar de explicalo, pero non só nos. O pasado é demasiado importante para monopolizalo. Igual que a política democrática non é só cousa de politólogos, nin a xustiza asunto exclusivo de xurisconsultos, dende que o liberalismo acabou coa venalidade de oficios e as xurisdicións herdadas. Nalgúns países, a cidadanía elixe fiscais, o xuízo por xurado é a forma democrática de que o «pobo» faga parte das decisións xudiciais á vez que os xuíces. A........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play