Aínda que só responde ao nome dun dos promotores, o proxecto para instalar unha celulosa na Ulloa corre como Altri. Dende que se publicaron oficialmente os detalles da proposta, as críticas non pararon de medrar para unha iniciativa que en orixe, pese ás cautelas, parecía ter todos os parabéns políticos, económicos e ambientais. Que sabemos a estas alturas coa información dispoñible?

O marquetin? Ben, deseñado con moito esmero nos últimos dous anos, pode loarse a capacidade dos comerciais para vestir o asunto cunha atrevida roupaxe verde. Facer pasar por verde, no argot green washing, está á orde dos tempos e neste caso estivo á altura dos mellores do mundo

O de superar o atraso? Ben. En Galicia fomentar unha iniciativa industrial coa desculpa dos retrasos históricos da industrialización funciona, a ideoloxía do atraso aínda move vontades, contamine o que contamine, empregue a cantos empregue. A obsesión por saír da aldea e superar a maldición do rural segue pesando para algúns como se seguíramos no tempo dos «planes de desarrollo» de López Rodó, aqueles que nos trouxeron unha Alúmina para San Cibrao acompañada dunha central nuclear en Xove, lembran? A nuclear botouna abaixo a mobilización social e política no tránsito da ditadura á democracia. Agora, a Alúmina está vivindo un horror sen fin, mentres non chegue o seu horroroso final.

A auga necesaria? Ben tamén. A celulosa necesita moita auga e na Ulloa outra cousa non haberá, pero auga a que faga falta.

O eucalipto para transformar? Tamén ben, haino a esgalla en Galicia e norte de Portugal, inzados deles desde que as políticas autárquicas forestais ocuparon o territorio dos agros baleirados pola emigración e o éxodo urbano nas últimas seis décadas. A inercia daquelas políticas combinouse coa vontade labrega de non abandonar de todo o uso das terras a monte e aproveitalas coas oportunidades máis remuneradoras. Co permiso dos lumes, xaora.

O capital? Ben, é boa saída para ampliar negocio. Vai no choio.

O investimento? Xa depende. Se o proxecto non logra unha boa presada de fondos públicos para a transición ambiental, os promotores non seguirían adiante. Case todo o que Galicia pode recibir para descarbonización comprometeríase nesa macrocelulosa, pero tería que lograr o apoio europeo e para iso o vestido verde ten que ser moi convincente.

O río Ulla? Xa non tan ben, nin a conca. As previsións da empresa recoñecen unha alteración de 3 graos arriba ou abaixo polo vertido da auga usada na planta. Capaz de alterar calquera ecosistema por estable que sexa.

A ría? Fatal. O Ulla desemboca no grande esteiro onde comeza a Arousa. A ría máis rica e produtiva de Galicia sufriría, polo que levamos sabido da de Pontevedra, polo que sabemos das mudanzas climáticas e económicas en marcha.

E a produción ecolóxica da Ulloa? As experiencias produtivas innovadoras que leva anos agromando nese agroecosistema simplemente irían ao garete. Aínda por riba poríamos en perigo o Camiño de Santiago, a galiña dos ovos de ouro. Que poder saír mal?

QOSHE - Altri: que podería saír mal? - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Altri: que podería saír mal?

6 1
09.04.2024

Aínda que só responde ao nome dun dos promotores, o proxecto para instalar unha celulosa na Ulloa corre como Altri. Dende que se publicaron oficialmente os detalles da proposta, as críticas non pararon de medrar para unha iniciativa que en orixe, pese ás cautelas, parecía ter todos os parabéns políticos, económicos e ambientais. Que sabemos a estas alturas coa información dispoñible?

O marquetin? Ben, deseñado con moito esmero nos últimos dous anos, pode loarse a capacidade dos comerciais para vestir o asunto cunha atrevida roupaxe verde. Facer pasar por verde, no argot green washing, está á orde dos tempos e neste caso estivo á altura dos mellores do mundo

O de superar o atraso? Ben. En Galicia fomentar unha iniciativa industrial coa........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play