A educación necesita máis cambios e menos números
Comeza o curso. Como cada ano discútese de números, ratios, porcentaxes, produtividades, orzamentos. Uns, a consellería, defenden os seus; outros, anpas, sindicatos e profesorado en xeral, destacan as eivas e insuficiencias. Xaora que son importantes os números pero non serven para todo; expresar e debater a educación como contabilidade deixa fóra demasiados aspectos cualitativos, e desvíanos da paideia como proceso social de crianza e transmisión de valores e saberes.
Falando de números, temos que preguntarnos por que nas titulacións universitarias máis demandadas segue habendo tanta limitación de acceso como no tempo da crise. Se temos recursos para a matrícula gratis en primeiro, por que non para amecer máis prazas. Preguntémonos por que Galicia ten unha soa facultade de Medicina, anomalía........
© La Voz de Galicia
visit website