Os números son inapelables, a súa interpretación tamén. 904 persoas asasinadas polos golpistas e a ditadura, foron lembrados este sábado en Ferrol por centos de fillos, netos, bisnetos e as autoridades da comarca, diante das tapias do antigo cemiterio de Canido. De xullo a agosto, trinta e nove longos anos enteiros recibindo noticias, enterrando mortos ou buscando desaparecidos en Ferrolterra, Eume e Ortegal, son moitos anos. O período mais longo sen vítimas foi de dezaoito anos (1954-1972). A ese tempo hai que sumar corenta e nove anos máis para poder honralos publicamente a todos e todas, a carón dun cemiterio que foi borrado do mapa nos anos sesenta e convertido en centro de ensino, usando un espazo moi pouco educativo. Co tempo, quen puido borrou as incómodas pegadas dos crimes do pasado. Nin o cemiterio lles deixaron aos asasinados, un dos primeiros da Ilustración, propio da cidade, que tamén foi vangarda dos cemiterios civís.

No acto estaba Margarita, a nosa veciña do piso da rúa da Estación, ao seu pai socialista matárono no Val cando a resistencia guerrilleira; Manolo Reboiras, de Teis, ao seu irmán matárono vinte e oito anos despois na derradeira tormenta represiva da ditadura, aquel agosto de 1975 que rematou cos 5 fusilados á alba en setembro. Falou a neta do alcalde de Mañón: «Republicano e masón», a do alcalde agrarista de Serantes... a dun canteiro sindicalista de Pontedeume... Toda a pluralidade arrebatada e perseguida pola ditadura estaba alí reunida.

Foi un acto de reconciliación de Ferrol consigo mesmo, como ben dixo X. M. Suarez, un dos historiadores promotores. No século XXI, co que somos e sabemos, non é posible a ficción da reconciliación entre os destrutores violentos do pluralismo no vendaval de matanza dos anos trinta e as vítimas físicas e políticas da ditadura. Non en democracia. Non dende o coñecemento histórico. Ninguén pode defender os argumentos dos verdugos golpistas de 1936 nin a ditadura de corenta anos, a boa noticia é que ninguén os defende. No acto falaron o alcalde socialista de Pontedeume, bisneto dun paseado, a alcaldesa galeguista de Narón, os alcaldes de Ortigueira e de Ferrol, do PP, dende a pluralidade ideolóxica todos honraron ás vítimas fronte aos verdugos.

As 904 só son a punta dun monte enorme de persoas encarceradas, depuradas, torturadas, arruinadas polos saqueos dos golpistas e dos vencedores, milleiros de persoas perseguidas de mil formas. Podemos multiplicar por tres as documentadas, de moitas máis non quedou rexistro ningún. Familias enteiras estigmatizadas, por iso estaban en Canido este sábado coas fotos dos seus devanceiros. As vítimas, tratadas como culpables durante tantas décadas, por fin logran satisfacción.

«Nin sequera lles deron os mortos; vellas nais que nunca se recuperaron; nais novas na miseria con cativos; familias rotas de dor; infancias crebadas. O pánico trouxo o silencio, un tempo de medo, vinganza, un tempo de chumbo como o ceo de onte en Ferrol». Escribiu ao día seguinte Malai Sobrín, outra das historiadoras organizadoras.

QOSHE - 904 honrados en Ferrol - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

904 honrados en Ferrol

5 33
27.02.2024

Os números son inapelables, a súa interpretación tamén. 904 persoas asasinadas polos golpistas e a ditadura, foron lembrados este sábado en Ferrol por centos de fillos, netos, bisnetos e as autoridades da comarca, diante das tapias do antigo cemiterio de Canido. De xullo a agosto, trinta e nove longos anos enteiros recibindo noticias, enterrando mortos ou buscando desaparecidos en Ferrolterra, Eume e Ortegal, son moitos anos. O período mais longo sen vítimas foi de dezaoito anos (1954-1972). A ese tempo hai que sumar corenta e nove anos máis para poder honralos publicamente a todos e todas, a carón dun cemiterio que foi borrado do mapa nos anos sesenta e convertido en centro de ensino, usando un espazo moi pouco educativo. Co tempo, quen puido borrou as incómodas pegadas........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play