A revista Science vén de publicar, coma sempre nestas datas, a súa listaxe dos dez avances científicos do ano. Para eles a estrela de 2023 foi o desenvolvemento dunha familia de fármacos para o tratamento da obesidade. Ata o de agora os medicamentos-milagre para adelgazar tiveran unha aura de estafa, algo parecido ao dos timos das locións crecepelo; pero desta volta parece que a cousa vai en serio, porque os resultados son prometedores, aínda que queda moito que investigar. Son o produto duns estudos que arrancaron hai anos para o tratamento da diabete, estudos que agora se financian aceleradamente grazas aos beneficios que xa están dando ás farmacéuticas.

Outro dos avances destacados ten que ver coa loita contra o alzhéimer, unha das principais batallas da ciencia actual. Resulta que, tras anos e anos sen adiantos, en 2023 albiscouse unha tímida mellora cun par de estratexias que atacan unha molécula (chamada beta amiloide) que está presente nos cerebros con esta enfermidade. A cousa está aínda moi verde e falta moito camiño por andar, pero a boa nova é ver que por fin algo se move na loita contra esta maldita enfermidade.

Pero non todo foron boas novas. Tamén se descubriu este ano que os océanos están chegando ao límite da súa capacidade de absorción de CO2, e os patróns de circulación da súa auga (que regulan o clima da Terra) estanse alterando moito antes do que se calculara. Os escenarios apocalípticos (que os científicos do clima evitaban mencionar para que a xente non os tildara de alarmistas) son cada vez máis probables.

QOSHE - Fitos da ciencia do 2023 - Jorge Mira
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Fitos da ciencia do 2023

3 1
31.12.2023

A revista Science vén de publicar, coma sempre nestas datas, a súa listaxe dos dez avances científicos do ano. Para eles a estrela de 2023 foi o desenvolvemento dunha familia de fármacos para o tratamento da obesidade. Ata o de agora os medicamentos-milagre para adelgazar tiveran unha aura de estafa, algo parecido ao dos timos das locións crecepelo; pero desta volta parece........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play