“La Grazia”, a beleza da dúbida
Napolitano de nacemento e romano de adopción, Paolo Sorrentino foi un dos representantes do novísimo cine italiano xunto con Matteo Garrone, Emanuele Crialese, Giorgio Diritti ou Michelangelo Frammartino. Unha ola de novos cineastas que estrearon a súa primeira longametraxe de ficción entre o 2000 e o 2005, recolocando o cine da península itálica ao máximo prestixio internacional. Despois do díptico sobre Nápoles, Fue la mano de Dios (2021) e Pathenope (2023), Sorrentino pecha unha triloxía sobre a política italiana, empezada con Il divo (2008), sobre Giulio Andreotti e seguida por Silvio y los otros (2018), sobre o universo carnavalesco do ‘cavaliere’ Berlusconi.
La Grazia, aínda que non está inspirada en personaxes reais, céntrase sobre a única figura da política que aínda está ben........
