menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Padiola, cambadela, apupos

3 0
13.10.2024

Onde Marcel Proust coloca unha madalena, eu coloco un bocadillo de manteiga. A madalena conduce á súa personaxe á casa da tía Leoncia en Combray invadíndolle unha alegría desmesurada. A min, nunha viaxe de éxtase paralela, o bocadillo de manteiga lévame á salita da avoa na rúa Cardenal Quevedo onde devoro aquel manxar acompañado dun zume tropical, cando aínda se chamaban BioFrutas e sempre, sempre, sempre, vendo o tótem da nosa infancia: o Xabarín Club.

Loitabamos posuídos pola carraxe de Son Gohanda, recuperabámonos con feixóns máxicos e ameazabamos con esnaquizar miñocas convertidos en superguerreiros.

As Bólas Máxicas, xa emitidas antes da canle do porco bravo, impulsaron un idioma que os cativos falabamos no recreo. Loitabamos posuídos pola carraxe de Son Gohanda, recuperabámonos con feixóns máxicos e ameazabamos con esnaquizar miñocas convertidos en........

© La Región


Get it on Google Play