Santamaría: dous países e un destino
Emilio e Carmen foron dous mozos nacidos nos lugares veciños de San Amaro e A Ponte -ambos no concello de Arnoia- que, coma tantos, decidiron botar man da cadea migratoria e cando os anos vinte comezaban a devalar subiron ó barco en Vigo para baixar del no porto norte do Río da Prata, aquel que dende a costa de Montevideo mira ó sur con pretendido orgullo de igualdade fronte ó todopoderoso de Bos Aires, e onde xa había asentada unha boa parroquia arnoiesa que lle ofreceu a hospitalidade precisa para asentárense alí con relativa comodidade.
Non podería asegurar se a travesía foi feita co noivado xa formalizado ou en diferentes quendas. O que si está documentado, entre outras novas sobre a sociedade galega do Uruguai do momento, é un breve do “Correo de Galicia” do 8 de xaneiro de 1928, titulado “compatriotas que se casan” onde aparecen, pechando a relación dual, “Emilio Santamaría con Carmen Iglesias”.
Tan só un ano e medio tivo que pasar para que a unión arnoiesa dera como froito a chegada ó mundo dun neno ó que lle puxeron o nome de José Emilio, que comezou a crecer nun ambiente propicio e prestixiado polo estatus conseguido por seu pai entre a sociedade galega como enfermeiro nun hospital do populoso e popular barrio de “Pocitos”, que media entre a praia do mesmo nome e o barrio do mítico Estadio Centenario, a carón do cal comezou a abrollar nel a afección polo........
© La Región
visit website