O sempre celebrado arquitecto galego Antonio Palacios
Antonio Palacios Ramilo / LOC
Sempre hai motivos para celebrar algo, cos seus dias, os seus oficiantes e comercio tamén. O que non sobra neste país do rio do esquecemento, tan propenso a perder memoria, a súa distinción e a propia historia, entre tanta invasión de noticias e propagandas.
Lembramos pois que un 27 de outubro do ano 1945 finou na súa casa do Plantío, nos arrabaldos de Madrid, o arquitecto de Porriño Antonio Palacios, Ramilo. Calle José Lomaba Iglesias, 24, á beira do fluír da nacional VI que leva a Galiza. Casiña de planta octogonal que habita pouco máis de tres anos, dende 1942 até o seu final. Elemental construción pese á propensión do arquitecto ao simbolismo, á teatralidade de habilidades artesáns. Co “el cuarto de no estar” de 2 x 2 metros e onde , de pe, debuxaba e proxectaba as súas derradeiras obras e inquedanzas, entre elasun templo-relicario para un lignum crucis, a Veracruz do Carballiño.
Aquel seu chalet do Plantíoestaba feito a súa medida, o que pese ás celebracións, agora está no brete, sometido a un desmesurado plan inmobiliario. A máis pequena vivenda que fixo aquel arquitecto tachado de megalómano,por proxectar monumentais encargos, como o Palacio de Comunicacións en Cibeles (1907-1919), o acceso ao Metro, rede de S. Luis (1918), ambos xunto co enxeñeiro Otamendi; o que hoxe é Instituto Cervantes (1910), o Círculo de B. Artes (1926)... o Hospital de Maudes ( 1908-1916) e tantos edificios bancarios, de vivendas ou palacetes... transformando e dándolle identidade ao Madrid do modernismo.
Palacios, Sec. Templo Visitación, A Guía. Vigo / LOC
O templo do Carballiño foi resultado da teimosía dun párroco ansioso de construír, na posguerra, un palacio para Dios, Evaristo Vaamonde da Cortiña. Influído polo círculo intelectual ourensán da singular Angelita Varela, Marquesa de Atalaya Bermeja, asesorada polo sacerdote, bibliófilo e escritor Antonio Rey Soto. Parladoiros ondeVicente Risco se inicia nos misterios da Teosofía e do sobrenatural, asuntos que tanto influirían na ética e estética celta-cristián dos seus compañeiros da Xeneración Nós (plural e distinguido, asentaba........
