Meigas, magos e a antiga maxia do Nadal Galego
Galiza, cabodomundo que emproa ao océano que se dixo dos atlantes e que ao seu setentrión limita, mar por medio, coa illa das maceiras e das fadas, a céltica Avalón, a onde se di Xosé de Arimatea levou o Grial. Renovada odisea oriente-occidente, como a que recorreu a Pedra do Destino e Breogán. Galiza, berce do solpor, onde aniña a noite, labirinto no que as cousas que nunca existiron puideran facerse posibles. País pois das marabillas, inseparable da maxia, a que se di Galiza Máxica, a dos magos e das meigas, a que ofrece espazos considerados sacros, sobre o que asoman altares. Terra de montes, fragas como templos para o devalar das luces en xogo coas sombras, entre árbores centenarias, onde asoman penedas de formas estrañas e se abren covas e fontes nas que reunirse as mouras e as fadas, onde se erguen torres, templos, pazos habitados por fantasías e maxia. A maxia, resposta a tanto por descubrir, onde aínda non entra a razón, fonte de inspiración. Confín onde se leu un libro moi popular O libro Magno de San Cibrao, Tesouro do feiticeiro, máis coñecido popularmente como O Ciprianillo e que, interesadamente se atribúe a San Cibrao de Antioquía, o Mago. Páxinas escritas, ao cabo de moito tempo, por diferentes aportes, integralmente misteriosas e que abre a outros libros, grimorios, de exorcismos, novenarios e axiografías que tiveron autor e imprenta nesta terra. Considerado e mesmo titulado libro máxico, mistérico, por autor, tempo e contidos, catón inicial para a maxia, aprendices de magos e meigas, que ofrece remedios, oracións, exorcismos, páxinas que se convidan a lelas ao revés, como as que introduce aos secretos da maxia, como desencantar tesouros, engadindo un listado inmenso e inacabado sobre os sitios dos existentes en Galiza, algo que entoleirou e fixo medrar a moitos buscatesouros.
Meigas, magos e a antiga maxia do Nadal Galego
O escritor irlandés dos anos do Modernismo Willian Butler Yeats —enchoupado no fantástico, inadaptado, diferente que iluminou de celtismo non só a súa terra, senón mesmo ao occidente atlántico na irmandade das brétemas, como á Galiza da Xeración Nós— asentaba que toda........
