menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A outra verdade de Fransesch

18 0
27.10.2026

Na procura desa verdade propia que todo artista ten que ser quen de xerar dende a súa obra, Héctor Francesch, entre o ámbito onírico e o surreal, se enfronta á creación dunha realidade propia, inspirada na contorna más cotiá, a que xorde sen demasiadas aspiracións dos nosos contextos diarios, alí onde desenvolvemos as nosas vidas nos nosos fogares, no ámbito laboral ou no espazo urbano.

O artista coruñés dende a súa liberdade, vitalidade, cromatismo, fantasía, orixinalidade e limpeza de liñas é quen de somerxer ao visitante nese novo universo que xorde dunha obra que se move na pintura de xeito cómodo, pero tamén na escultura, creando unha atmosfera que sae da propia parede e coas súas figuras de ferro, con ou sen cor, prolongar no espazo esa sensación de ensoñación que se agocha nos seus traballos. Especialmente suxerente é asomarse a eses interiores, a unha sorte de bodegóns nos que os obxectos xogan a converterse en figuras antropomorfas que insisten nesa vitalidade que Héctor Francesch lle concede ás escenas........

© Galiciaé