Unha tardiña na ópera
CON TODA seguridade, fun o primeiro da miña xenealoxía en ir á ópera. Aquela tardiña de xoves, o Palacio da Ópera da Coruña celebraba a inauguración da súa 74ª Temporada Lírica. Fíxoo coa primeira representación en Galicia de ‘Jenůfa’, de Leoš Janáček. Polos corredores cruzábanse os descendentes dos que xa coñecían ben o edificio, mesmo incluso seguro algún benefactor, cos últimos engadidos á lista da pequena burguesía que coñecían ese capricho, esa anterior liña divisoria. Pero algo vén de intentar o mundo operístico nas últimas décadas é a súa vontade á apertura. A anticipación só se detivo cando a orquestra deixou de afinar desde o foso.
Janáček adaptou a obra dramática de Gabriela Preissová nunha das primeiras óperas en prosa e pelexou durante nove anos de traballo contra as limitacións da lingua checa no referido á musicalidade vocal, procurando respectar o acento. Esa barreira foi só a primeira que atopou, porque a representación tivo que levarse ata a cidade de Brno, xa que Praga negábase a acoller unha peza tan escandalosa na época. Aquela historia pastoral ambientada no pobo de Moravia no século XIX realmente falaba de liberación feminina, de infanticidio, do custo da liberdade e, en última instancia, anticipaba un cambio nos poderes tradicionais fronte ao novo individuo.
........