menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Un temporal azul como a morte

6 0
12.11.2024

ESTABA lendo a un italiano, así que fun tomar un café con Leo Zordan. Leo é un ilusionista dos tagliatelle que leva moitos anos asentado en Lugo. Fun comprarlle uns tagliatelle niño e, de paso, tomar un café amable con el. Cociña e atende un restaurante recollido no mercado municipal. Nas pequenas mesas brillan margaritas amarelas en xarras e a carbonara deliciosa. Leo paréceme un hedonista melancólico, como todos os detectives que buscan a vita bona. Pregunteille por Pasolini. Pousou na mesa o casco da Vespa, percorrido da fronte á caluga polas seis letras de ITALIA. Bebeu o espresso e apreciou:

—O problema de Pasolini é que foi un adiantado ao seu tempo.
O comentario foi concentrado, curto e fondo, sen evitar a amargura, coma o bo café. A seguir, ergueuse. Advertiume de que tiña que prender todos os lumes do Mangiarte para empezar a cociñar.

  • Caballo rojo, serpiente azul

Estiven pensando na sentenza de Leo. No cisma moral que atormentou a Pasolini.O director pensaba que no se podía ser homosexual e aceptado, comunista e católico, burgués e defensor dos pobres, hedonista e melancólico. Todos podemos convivir con esas contradicións porque os seres humanos estamos feitos dun 80% de auga e un 20% de incoherencia; pero Pier Paolo botou toda a vida resolvendo eses enigmas, sufrindo por non atoparlles unha saída digna eticamente. Como ese volcán interno non deixaba de cuspir lava, decidiu exteriorizalo e provocar a catarse nos demais, no inferno de insatisfacción é o outro para nós, se me permiten traer a Sartre a este parágrafo. Leo en Vulgar lengua (El Salmón, 2017) de Pasolini:
—Eu penso que escandalizar é un dereito, ser escandalizado un pracer e quen rexeita ser escandalizado é un moralista… Fago dúas modestas propostas á maneira de Jonathan Swift: devorar aos profesores da escola obrigatoria e aos dirixentes da televisión italiana…

A educación como código penal da moralidade e a televisión como escaparate que incita continuamente ao........

© Galiciaé


Get it on Google Play