Un ano de neve , camiños e esperanza
A NÓMINA de lecturas foron 35. Voume defender que consagrei as vacacións a pasear o verán, tomar café e dar conta das 800 páxinas de Septología. Esa novela foi o meu libro do ano e de todos os días nos que estiven lendo nel. Vai dun pintor que prepara unha exposición. É todo. Ben, Ulises de James Joyce vai dun home que sae da casa, almorza riles e volve á casa na noitiña. Teño amigos que contan tan bonitamente as historias que o menos importante das historias son as historias en si. A lectura de Septología (De Conatus) requiriume disciplina: O pintor chámase Asle vive nun fiordo. En medio de calquera frase ve o Asle do pasado ou atopa un amigo pintor que se chama Asle, que viste igual ca el. Ao cabo do libro, a lectura resulta gratificante como cando un matemático resolve un teorema que leva virxe desde o século XVII.
No mesmo agosto lin Memory Lane (Anagrama). Coma en cada libro de Patrick Modiano hai un home de mediana idade. Tira dun fío negro que o guía polo seu pasado, coma sempre hai unha muller rubia guapísima, vala a redundancia, que vive no subsolo da súa memoria. Como en cada libro de Modiano hai detectives privados que traballan por encarga para reconstruír a memoria doutros. Faltoume a adiviñadora que proxecta os anos lonxanos do pasado. Coma adoita, o escritor francés logrou fascinarme.
- Traxedias sicilianas
Este decembro lin outra viaxe, o mellor libro de viaxes. On the road (Bruguera) foi traducida en galego como Na estrada (Facktoría K) ou En el camino (Anagrama), pero eu penso que En camiño capta máis axeitadamente o espírito da crónica de Jack Kerouac. Mesmo escribiría En marcha se non soase ao partido do soberano francés, Emmanuel Macron, e a todo a súa ortoxodoxia de capitalismo volátil. As tres viaxes por que Estados Unidos e México que fai Kerouac arrastrado polo vitalismo de Neal Cassady son coma montar o........
© Galiciaé
visit website