Os meus días de vida madrileña y confusa
Descubrimos a Manuel de Lorenzo botando un ollo a Jot Down. Fichamos o columnista ourensán para Táboa Redonda e aínda, felizmente, segue escribindo para os xornais deste grupo. Anos máis tarde, Manuel díxome que Mar de Marchis, o cerebro de Jot Down,lera artigos meus en galego, que andaba por Galicia e que lle interesaran, que lle mandase algún texto. A revista gustábame polo branco e negro, e pola revisión da modernidade da segunda metade do século XX. A revista non me gustaba polas súas entrevistas longas, desmedidas e interminables. Unha entrevista require unha boa primeira pregunta, saber escoitar para formular o resto delas e un traballo coidadoso de edición.
Por eses días recibira unha proposta de ir traballar a un periódico de Madrid. Estiven tentado, pero Galicia e o meu matrimonio pesaron máis. De todos os xeitos, agradoume a idea de intentar presentarme en Madrid. Mandei un artigo a Mar de Marchís. Non me dixo que fose bo ou malo, senón que Jot Down non publicaba opinión. Evidentemente, non lle pareceu publicable. Non volvín saber dela ata hai unhas semanas, cando saíu 'La bola', o libro de Daniel Verdú sobre Mar de Marchis. Non o lin. Cando asomei ao ambiente periodístico madrileño, pero paréceme unha fogueira de vanidades, que diría Tom Wolfe. Agora valoro escollendo Galicia e o meu........
