O roubo de bicicletas negras en Islandia
Moita xente pensa que Islandia é un exemplo como sociedade e como país. Eles deixaron que os seus bancos se afundisen durante aquelarre financieiro do 2008 que case nos leva a todos por diante. Mariano Rajoy entregou 60.000 millóns aos bancos españois como se fosen o pago corsario. Foron visto e non visto, pero o presidente español puidera presumir daque de que o noso querido Estado non fora rescatado. Toda esa xente que considera Islandia coma o molde no que se fundirá a estatua dourada do futuro ignora que todo é máis fácil cando o censo de poboación dun país ten 139.875 veciños contados a ollo.
Teño poucas noticias de Islandia. A idea de visitar un cubo de xeo inmenso non me seduce. De feito, sinto pouca simpatía polo café con xeo, polos xeados e polo frio en xeral. Non queda aí a cousa. A maiores, ata hai nove anos era legal que me asasinasen se desembarca naquelas costas brancas porque nacín en Bilbao. Varios barcos vascos que andaban á balea naquelas costas en 1615 sufriron un temporal tan agresivo que os navíos quedaron destrozados. Tiveron que quedar hibernar na illa. As discusións cos islandeses conduciron a que se regulase a caza do vasco, incluíndo o dereito a cravarlles un gancho na cabeza coma se fosen focas. Se algún día me xurde a oportunidade de voar a ese lugar pensareino tranquilamente.
A noticia que teño ata o de agora chegárame por A Noite da Aurora (Galaxia) de Camilo Gonsar. A posta en escea desa obra parece un chiste: vai un galego por Reikiavik e atopa outro. A ver, hai un sarriao que entra cambiar cartos nun banco e atopa outro sarriao no corazón de Islandia. Van pasearen xuntos, falan e falan e lembran a cantina da estación ferroviaria da súa vila. Lembran, dicía, unha noite nese bar na que se fixero tres amigos. Lor, o protagonista, marchara de Sarria sendo un rapaz para andar o mundo. Parece un baleeiro vasco. A novela ten unha corrente de auga escura de fondo que explica os motivos de Lor para elexir unha vida de aventureiro, con rumbo improvisado, no canto de aceptar unha existencia estable e carente, polo tanto, de riscos e emocións.
........© Galiciaé
visit website