Corenta paredes con dúas obras de arte
Hei preguntarlle á miña nai cando vaia vela a Bilbao, pero sóame que esas dúas pezas proceden da casa do meu tataravó. Era un armador que elevou a familia ao máis alto dunha escala social que os seus descendentes fomos descendendo a un compás de banzo por xeración.
O tapiz medía tres metros por dous. O singular é que o meu antepasado fixo bordar o seu nome con fío de prata: Nicolás Ortiz de Zarate. Fora tecido a man no século XIX na fábrica da viúva de Jacques Lacquard, en Gerdarmer, ao leste de Francia. Víase unha escena outonal de montería nun bosque de tons pardos que imitaba as Cacerías de Maximiliano que diseñara Bernaert Van Orley no século XVI.
Fálolles de Maximiliano I (1459-1519), sobre quen aínda non remataron os debates académicos. Os expertos se foi o derradeiro cabaleiro medieval de alma quixotesca ou o primeiro príncipe do Renacimiento, un Maquiavelo que conquistou "o cumio europeo do poder dinástico" a costa de endebedar o Sacro Santo Imperio Romano Xermano. Apunto isto por se estaban pensando no seu neto Maximiliano II, o austríaco a quen Francia puxo como emperador de México despois de que este país suspendese o pago da débeda externa. O galo acabou sendo fusilado no Cerro de las Campanas. O seu cociñeiro, Turdö, preparoulle unha última cea de polo de corral de Querétaro e viño da Baixa California. Apenas bebeu un pouco da copa antes de que Turdö lle axudase a vestir un traxe negro e o toisón de ouro para encamiñarse morrer.
A outra peza artística da miña casa ribadense era un espello ovalado de cor dourada, con formas curvas e dun barroquismo cargante propio dun altar de capela menor do país.
Pero nas outras 38 paredes non había nada, estaban pálidas, como se toda a súa función fose tabicar. Soamente había unha oculta, tamén no salón, onde estaba a notable biblioteca do meu pai, frecuentada por todo o galeguismo da Galaxia dos 50 e os magos suramericanos dos anos 60, os Márquez, Llosa, Pietri, Rulfo e........
© Galiciaé
visit website