Últimos días na praia íntima do Paraíso
EU TAMÉN fun un neno que se foi bañar. Tamén fun incapaz de distinguir o parasol coa tea de raias amarelas e azuis que daba refuxio á miña familia baixo o sol de xullo. Daquela o sol era máis compasivo. Tamén houbo un verán do primeiro bico, tamén houbo un verán de ser consciente do que significa que quitasen un corpo afogado da zona prohibida, de que O Xico se metese entre as ondas feroces salvar imprudentes; tamén houbo un verán de namorar dunha rapaza que estaba de paso por aquela praia coa intensidade adolescente coa que Adán e Eva namoraron ao atoparse no Paraíso.
Sentín a sensación de asombro, espanto e marabilla que unicamente vas coñecer no final da mocidade dun xeito tan intenso. Despois, todos os sentimentos e todos os pánicos has vivilos de modo máis atenuado.
Anagrama vén de publicar o novo libro de Sandro Veronesi (Florencia, 1959), 'Septiembre negro'. O título soábame daquel grupo palestino que secuestrara e asesinara atletas israelíes nas Olimpiadas de Múnich do ano 1972. Recordo as imaxes no televisor. Eu tiña 7 anos. Non entendía nada. Supoño que esa inocencia era favorable para min, que toda a solución que atopo agora ao xenocidio diario que cometen Israel é saltar os vídeos.
O protagonista de 'Septiembre negro' sintoniza Radio Andorra para........
