Unha fotografía
Hoxe ía escribir outra vez da guerra. Esta guerra que nos castiga, asoballa, degrada… Porque toda guerra é unha degradación do ser humano e as primeiras vítimas son sempre as máis inocentes, as máis desamparadas. Como introducir un alento de esperanza nesta enxurrada de noticias que nos asalta cada día? E de súpeto vén ás miñas mans unha fotografía. Unha fotografía humilde, sen grandes titulares, desas que temos diante e non vemos. Dúas mulleres calzadas con botas de goma, o pano na cabeza, avanzan polo medio da praia con dous caldeiros na man e cadanseu raño de traballar na area. Son mulleres novas, ou relativamente novas, mais afeitas ao traballo duro das mareas, que contra finais de setembro ou no mes........
